Federación Galega de Balonmán
21/06/2019 16:19

7 GALEGOS NA PRIMEIRA LISTA DA RFEBM PARA ACTIVIDADES DE OBSERVACIÓN DAS XERACIÓNS 02/03

A Real Federación Española de Balonmán da a coñecer a primeira lista de carácter provisional, dos xogadores das xeracións 2002 - 2003, para realizar actividades de observación no centro de alto rendemento de Granada do 18 ao 25 de setembro. Os galegos seleccionados para dita actividad son os seguintes:  Pablo González e Alejandro López da AD. Carballal, Juan Enrique Lago do BM Lalín e Víctor Fernández, Carlos Álvarez, Daniel Virulejio e Román Arboleya do Club Cisne Colegio Los Sauces.  Noraboa rapaces!  Imaxe: RFEBM

Ver
1 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
20/06/2019 18:43

Ampliación do prazo para a presentación de propostas á Asemblea xeral 

O prazo para a presentación de propostas á asamblea ordinaria 2019 queda ampliado ata o próximo luns 24 de xuño ás 13:00 horas. A asemblea ordinaria celebrarase o próximo 6 de xullo (16:30 horas, primeira convocatoria) no salón de actos da Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela. Adxuntamos a convocatoria da asemblea.

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 19:10

ESTA FIN DE SEMANA, SEGUNDA PROBA DO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA EN O GROVE

Esta fin de semana (do 21 ao 23 de xuño) celebrarase o Torneo de O Grove de Balonmán Praia, segunda proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Ao igual que en Baiona, serán tres días de competición na praia de Raeiros (San Vicente do Mar), con 80 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), no que podemos observar un notorio crecemento de conxuntos en… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 19:03

Balonmán de Preto: Vanesa Pérez

Vanesa Pérez (xogadora e árbitra) descubriu a súa verdadeira paixón no balonmán praia, onde acadou a internacionalidade en 2008. A viguesa asegura que na praia hai un ambiente diferente e que @s árbitr@s séntense tamén parte do espectáculo. Queres coñecela mellor? Vanesa Pérez, a xefa da praia.

Ver
Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 13:21

DAVID ÁLVAREZ, JOSE CHAO E PABLO GONZÁLEZ NA LISTA DEFINITIVA DOS HISPANOS XUVENÍS AREA PARA O EUROPEO DE POLONIA

Os xogadores do BMP Veba, David Álvarez, Jose Chao e Pablo González, foron convocados polo seleccionador Pedro Bago, para participar no Campionato de Europa xuvenil de balonmán praia, que se celebrará en Stare Jablonki (Polonia) do 27 ao 30 de xuño.  Antes de poñer rumbo á cita europea, a selección estará concentrada nas Instalacións Deportivas da Universidade de Alcalá de Henares, donde seguirán coas xornadas de traballo para poñer todo a punto.  Noraboa rapaces e moita sorte!!! 

Ver
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.