Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 19:03

Balonmán de Preto: Vanesa Pérez

Vanesa Pérez (xogadora e árbitra) descubriu a súa verdadeira paixón no balonmán praia, onde acadou a internacionalidade en 2008. A viguesa asegura que na praia hai un ambiente diferente e que @s árbitr@s séntense tamén parte do espectáculo. Queres coñecela mellor? Vanesa Pérez, a xefa da praia.

Ver
Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 18:31

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
05/08/2018 18:19

VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO

Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 16:58

As seleccións galegas xuvenís de balonmán praia, no primeiro Campionato de España

Galicia participará esta fin de semana no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Xuvenís de Balonmán Praia, que se celebrará en Getafe. A selección galega xuvenil masculina enfrontarase no Campionato de España ás seleccións de Madrid, Murcia e Cantabria. Sen ningunha dúbida, os madrileños parten como favoritos de grupo, non só por ser os locais, senón por ter varios xogadores no equipo nacional. No outro grupo atópanse os equipos de Cataluña, Castela a Mancha, Asturias e Aragón. Aquí, os cataláns parecen os … Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 08:37

Esta fin de semana, Torneo Concello de Marín de balonmán praia

Esta fin de semana celebrarase na praia de Loira o Torneo Marín Arena 500, de balonmán praia, que pertence ao circuíto nacional e é puntuabel para o Campionato Galego 2018. Neste torneo participarán un total de 46 equipos das categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculino e feminino). Unha nova oportunidade para gozar con este grande espectáculo! Nos documentos adxuntos tedes os grupos e o calendario de toda a fin de semana.

Ver
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.