Federación Galega de Balonmán
23/04/2017 00:00

A SD TEUCRO ACADA O ASCENSO Á ASOBAL SO UN ANO DESPOIS

A SD Teucro acadou o ascenso á máxima categoría do balonmán español, a Asobal, nunha noite máxica no Pavillón Municipal de Pontevedra ao lograr un empate contra o Barcelona B (26-26). Este punto foi suficiente para pechar o ascenso á Asobal, despois de que Palma del Río, o único rival que podía retrasar a festa, perdese inesperadamente ante o Bordils (27-26).  A Federación Galega de Balonmán quere felicitar ao club, á plantilla, ao corpo técnico, á directiva e a afección polo enorme traballo desenvolvido durante todo o ano para… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
22/04/2017 00:00

RESULTADOS SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL XUVENIL FEMININA

A segunda fase do Campionato Estatal Xuvenil Feminino, coa participación de A.D. Carballal e BM Porriño, xa está en marcha. O campión de cada un dos sectores acada a clasificación para a fase final. O Carballal disputa o sector A en casa (Vigo) e ten como rivais a BM Zamora (1º de Castela e León), Puerto del Carmen (2º de Canarias) e Malkaitz (1º de Navarra). Pola súa banda, o BM Porriño forma parte do sector E,  que se celebra en San Sebastián de los Reyes (Madrid). Os seus rivais son o club local (1º de Madrid), Rocasa (1º Canarias)… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
22/04/2017 00:00

RESULTADOS SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO ESTATAL XUVENIL MASCULINO

Xa comezou a celebración da segunda fase do Campionato Estatal Xuvenil Masculino, na que participan o Seis do Nadal e o BM Luceros. O campión de cada un dos sectores acada a clasificación para a fase final.  O Seis do Nadal (1º equipo de Galicia) organiza o sector A, polo que xoga en Vigo, contra La Salle Córdoba (4º de Andalucía), BMC (1º de Madrid) e San José Obrero (2º de Canarias). Póla súa banda, o BM Luceros forma parte do sector E, que se disputa en Aranda de Duero, xunto a Villa de Aranda (1º Castela e León), BM Toledo Amibal… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
21/04/2017 00:00

ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN CANGAS A FASE FINAL INFANTIL FEMININA

Esta fin de semana (días 21, 22 e 23 de abril) celebrarase no pavillón do Gatañal en Cangas a fase final infantil feminina coa participación de BM Cangas, Atlético Guardés, S.D. Teucro e BM Camariñas. Os horarios son os seguintes: Venres 21:16:30 Reunión técnica18:30 Atl. Guardés - S. D. Teucro20:30 BM Cangas - BM Camariñas   Sábado 22:10:30 Atl. Guardés - BM Camariñas12:30 BM Cangas - S. D. Teucro Domingo 23:10:30 S. D. Teucro - BM Camariñas  12:30 BM Cangas - Atl. Guardés 

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
21/04/2017 00:00

NÚMERO DE EQUIPOS GALEGOS PARTICIPANTES NAS FASES ESTATAIS

A RFEBm. concedeulle a Galicia unha praza adicional na categoría 2ª División Masculina. Desta forma será dous os equipos galegos que se clasifiquen para a Fase Estatal.  No arquivo adxunto aparecen por categorías o número de equipos  que se clasificarán para as Fases Estatais, nesta tempada 2016-17.

Ver
0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.