Federación Galega de Balonmán
06/03/2019 14:33 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO

ANALIZAMOS A DH CADETE FEMININA, A MÁIS IGUALADA EN TEMPOS

Este ano, a diferencia da tempada pasada, a División de Honra Cadete feminina desenvolveuse cun Play Off previo e a continuación cunha liga regular a dobre partido entre todos os equipos. A falta de tres xornadas, a Liga atopábase coa AD Carballal Campioa Galega e con catro conxuntos loitando pola segunda praza para acceder aos sectores nacionais. Analizamos en profundidade o encontro celebrado esta mañá entre o BM Cangas e o BM Porriño, un partido clave para seguir na loita pola segunda praza das locais e para afianzarse nela as visitantes. Falamos… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:27

O día 2 de decembro, adestramento da preselección galega cadete feminina en Poio

A preselección galega cadete feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. O adestramento será o domingo 2 de decembro, ás 18 horas, no Pavillón municipal de A Seca (Poio). No documento adxunto tedes a convocatoria.

Ver
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 13:09

A preselección cadete feminina adestra o domingo na Cañiza

O Pavillón Municipal da Cañiza acollerá o adestramento da preselección galega cadete feminina, que se celebrará o domingo 18 ás 17:00 horas. Esta sesión forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.