Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 13:09

A preselección cadete feminina adestra o domingo na Cañiza

O Pavillón Municipal da Cañiza acollerá o adestramento da preselección galega cadete feminina, que se celebrará o domingo 18 ás 17:00 horas. Esta sesión forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 13:03

A preselección xuvenil feminina adestrará este domingo no Gatañal

A preselección xuvenil feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais. Así, o combinado adestrará o 18 de novembro ás 18:30 horas no Pavillón do Gatañal en Cangas,no que será unha sesión de traballo máis cara a decidir a convocatoria da selección galega para esta importante cita. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 12:46

Cangas acolle este domingo a sesión de traballo da preselección infantil feminina

A preselección galega infantil feminina realizará o próximo 18 de novembro (16:30 horas) unha sesión de adestramento no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo. Esta xornada forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se desenvolverá a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 12:38

Adestramento da preselección galega cadete masculina en Redondela

A preselección galega cadete masculina tamén continúa co traballo de preparación cara ao Campionato de España. Desta forma, terán unha sesión de traballo o domingo 18 de novembro, ás 18:30 horas, no Pavillón Municipal de Redondela (“Bombonera”). Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
Federación Galega de Balonmán
08/11/2018 13:11

O 11 de novembro, sesión de traballo para o combinado galego infantil masculino no Gatañal

O Gatañal tamén acollerá a sesión de adestramento da preselección galega infantil masculina. Será o domingo,11 de novembro, ás 16:30 a 18:00 horas. Outra sesión de traballo preparatoria para definir o grupo de convocados para a disputa do Campionato de España de Seleccións Territoriais en Valladolid en xaneiro de 2019. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Ver
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.