Federación Galega de Balonmán
20/06/2019 18:43

Ampliación do prazo para a presentación de propostas á Asemblea xeral 

O prazo para a presentación de propostas á asamblea ordinaria 2019 queda ampliado ata o próximo luns 24 de xuño ás 13:00 horas. A asemblea ordinaria celebrarase o próximo 6 de xullo (16:30 horas, primeira convocatoria) no salón de actos da Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela. Adxuntamos a convocatoria da asemblea.

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 19:10

ESTA FIN DE SEMANA, SEGUNDA PROBA DO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA EN O GROVE

Esta fin de semana (do 21 ao 23 de xuño) celebrarase o Torneo de O Grove de Balonmán Praia, segunda proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Ao igual que en Baiona, serán tres días de competición na praia de Raeiros (San Vicente do Mar), con 80 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), no que podemos observar un notorio crecemento de conxuntos en… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 13:21

DAVID ÁLVAREZ, JOSE CHAO E PABLO GONZÁLEZ NA LISTA DEFINITIVA DOS HISPANOS XUVENÍS AREA PARA O EUROPEO DE POLONIA

Os xogadores do BMP Veba, David Álvarez, Jose Chao e Pablo González, foron convocados polo seleccionador Pedro Bago, para participar no Campionato de Europa xuvenil de balonmán praia, que se celebrará en Stare Jablonki (Polonia) do 27 ao 30 de xuño.  Antes de poñer rumbo á cita europea, a selección estará concentrada nas Instalacións Deportivas da Universidade de Alcalá de Henares, donde seguirán coas xornadas de traballo para poñer todo a punto.  Noraboa rapaces e moita sorte!!! 

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
18/06/2019 07:24

Aberto o prazo de inscrición nas eliminatorias de ascenso das categorías  cadete e infantil masculina e feminina e xuvenil masculina

Aberto o prazo de inscrición nas eliminatorias de ascenso das categorías cadete e infantil (masculina e feminina) e xuvenil masculina. O prazo de inscrición será do 18 de xuño ata o 1 de xullo. Estos play-off celebrarasen no mes de setembro, segundo o acordo da asemblea celebrada en Vigo o pasado 7 de xullo de 2018. Adxúntase:  - Escrito comunicando datas de inscrición e celebración. - ANEXO: Clubs con dereitos deportivos adquiridos para xogar en División de Honra na tempada 2019-20. - Solicitude inscrición eliminatoria de ascenso (Play Off).

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 18:31

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo… Ver mais

Ver
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.