Federación Galega de Balonmán
28/06/2019 12:13

MATEO DÍAZ E GAEL BLANCO CONVOCADOS POLA RFEBM PARA AS XORNADAS DE OBSERVACIÓN DAS XERACIÓNS 04/05

Esta mañá, a Real Federación Española de Balonmán daba a coñecer a lista provisional de xogadores nados nos anos 2004 e 2005, que se desprazarán ata o centro de alto rendemento de Serra Nevada en Granada, do 28 de setembro ata o 5 de outubro, para realizar unhas xorndas de observación,  A representación galega, vai da man de Mateo Díaz do Balonmán Culleredo e de Gael Blanco do Balonmán Luceros.  Agardaremos a que a RFEBM complete a listaxe, para ver se máis xogadores da nosa comunidade se unen a cita.  Noraboa rapaces!

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
25/06/2019 15:07

PTV DOMINA NAS CATEGORÍAS MASCULINAS NA PRAIA DE RAEIROS. O BUNGA CAMPIÓN SÉNIOR FEMININO NO SEU DEBUT

A praia de Raeiros, no Grove, foi testigo esta fin de semana da segunda proba do Campionato Galego de balonmán Praia. O PTV Handstrand proclamábase campión de todas as categorias masculinas. O Conxunto sénior volvíase a enfrontar na final ao seu rival da semana pasada o ZAS de Vigo, e nesta proba a moeda caía do lado dos pontevedreses, un partido intenso de principio a fin, que obrigaba a ambos conxuntos a decidir o encontro nos shoot out.  Na proba feminina, venceu o BUNGA, que gañou neste último choque ao Merengue Cremosso Team. A… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
23/06/2019 18:21

120 RAPACES PARTICIPAN NO CAMPUS DE TECNIFICACIÓN DE BALONMÁN JUAN DE DIOS ROMÁN QUE COMEZOU HOXE

120 rapaces participan dende hoxe na XIII edición do Campus de Tecnificación de Balonmán Juan de Dios Román, que se celebra do 23 ao 30 de xuño en Sanxenxo. Este campus é para nenas e nenos das categorías  benxamín (nados no ano 2009), alevín (2007 e 2008), infantil (2005 e 2006), cadete (2003 e 2004) e xuvenil (2001 e 2002), os cales contarán con 20 monitores do máis alto nivel para todas as actividades deportivas previstas. Así Nacho Moyano (recentemente fichado como adestrador do Frigoríficos do Morrazo), Alex Mozas (técnico… Ver mais

Ver
0 Gostei

Gostei
Federación Galega de Balonmán
21/06/2019 22:51

AITANA SANTOMÉ DISPUTARÁ O TORNEO CATRO NACIÓNS E O CAMPIONATO DE EUROPA COAS GUERREIRAS JUNIOR

Aitana Santomé xogadora do Bm Porriño, forma parte da lista definitiva das Guerreiras Junior que disputarán este verán o Torneo Catro Nacións en Portugal e o Campionato de Europa en Hungría.  Antes das citas, o conxunto nacional, realizará unha serie de adestramentos no Pavillón Exterior CSD de Madrid, e no Pavillón Municipal David Santamaría de Guadalaxara.  A disputa do torneo terá lugar no Portimao Area de Portugal os días 5, 6 e 7 de xullo, e pola outra banda a cita europea en Györ (Hungría) celebrarase do 11 ao 21 de xullo.  Un… Ver mais

Ver
Federación Galega de Balonmán
21/06/2019 16:19

7 GALEGOS NA PRIMEIRA LISTA DA RFEBM PARA ACTIVIDADES DE OBSERVACIÓN DAS XERACIÓNS 02/03

A Real Federación Española de Balonmán da a coñecer a primeira lista de carácter provisional, dos xogadores das xeracións 2002 - 2003, para realizar actividades de observación no centro de alto rendemento de Granada do 18 ao 25 de setembro. Os galegos seleccionados para dita actividad son os seguintes:  Pablo González e Alejandro López da AD. Carballal, Juan Enrique Lago do BM Lalín e Víctor Fernández, Carlos Álvarez, Daniel Virulejio e Román Arboleya do Club Cisne Colegio Los Sauces.  Noraboa rapaces!  Imaxe: RFEBM

Ver
1 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.