Federación Galega de Balonmán
10/07/2019 às 22:25
Cabeçalho

MAÑÁ COMEZA EN MOAÑA A ÚLTIMA PROBA CLASIFICATORIA DO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA

Hoxe presentouse na Praia da Xunqueira en Moaña, a última proba clasificatoria do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019, que se celebrará esta fin de semana nesta localidade. No acto informativo participaron a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos; a tenente de alcalde, Marta Freire; o concelleiro de Deportes, Juan Parcero e Fernando Mosquera, en representación da Federación Galega de Balonmán.  

Os días 12, 13 e 14 de xullo participarán 82 equipos das categorías alevín mixto e infantil, cadete, xuvenil e sénior, masculino e feminino, máxima convocatoria ata a data. A competición, na que se celebrarán 170 encontros, comezará mañá ás 16 horas e durante tres días poderemos gozar co mellor balonmán praia galego. Esta proba será a última oportunidade para moitos equipos de acadar a súa clasificación para a fase final que se celebrará a próxima fin de semana en Samil (19, 20 e 21 de xullo).

Moita sorte a tod@s!

0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.