Federación Galega de Balonmán
01/07/2019 às 14:26
Cabeçalho

Hummel e a Federación Galega de Balonmán selan un acordo de colaboración para as próximas tres tempadas

Hummel e a Federación Galega de Balonmán selan un acordo de colaboración para as próximas tres tempadas. A firma danesa especialidada en balonmán pon os seus ollos na renovada federación de balonmán.

O pasado mes de Xuño a Federación Galega de Balonmán pechou un acordo de colaboración coa marca danesa Hummel tras meses de intensas negociacións con diferentes marcas deportivas; o presidente da Federación Galega de Balonmán Bruno López comentou: "estamos moi contentos co acordo, Hummel fixo una gran aposta pola Federación Galega de Balonmán, dende o primeiro momento  deixaronnos claro que estaban moi interesados e que confiaban plenamente no noso proxecto, estamos convencidos de que acadaremos grandes metas xuntos, de feito Hummel vestirá oficialmente ao voluntariado do Mundial Júnior, ao colectivo arbitral da FGBM, ás Seleccións Galegas e ao Campus JDR".

Bruno López, con varios membros da Xunta Directiva visitaron as instalacións de Hummel Ibérica en Elche, onde puideron reunirse con José García (Presidente de Hummel Ibérica), Jose Luis Caña (Director Comercial Hummel Ibérica) e Gari Sauto (Área Manager Hummel Ibérica), esta xuntanza e na posterior que a compañía realizou a Galicia foi onde se precociñou a nova liña de roupa da federación galega que se presentará en datas próximas, ademáis de definir as condicións definitivas do acordo entre ambas entidades.

Jose Luis Caña comentaba "Hemos apostado por la Federación Gallega porque hemos visto un proyecto sólido, con las ideas claras y con muchas ganas de renovación, este acuerdo de colaboración va más allá que el cambio de marca deportiva , ayudará a ambas entidades a crecer generando sinergias y puntos de encuentro con el deseo de que sea un acuerdo estable de futuro"; ante a pregunta ao porqué Hummel e non outra marca Bruno López apuntou: "ademáis da aposta realizada amosáronnos una gran seriedade e unha gran profesionalidade dende a primeira conversación con Jose Luis Caña sabíamos que a Federación e Hummel queríamos ir da man, Hummel é unha marca propia de balonmán moi atractiva a nivel estético, de gran calidade, ademáis de ter prezos moi asequibles para o público xeral".

Este acordo entre a Federación Galega de Balonmán e Hummel vai unido a un proxecto de cambio da identidade corporativa da Federación Galega de Balonmán promovido pola actual xunta directiva, este proxecto engloba novos convenios con diferentes entidades que pouco a pouco se irán dando a coñecer.
1 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.