Federación Galega de Balonmán
22/05/2019 às 15:29
Cabeçalho

LALÍN ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS E A FASE FINAL DA 2ª INFANTIL MASCULINA

Hoxe no Lalín Arena o Club Balonmán Lalín presentaba a Fase Final da 2ª Infantil masculina e o Campionato Galego de Veteráns que acollerá esta fin de semana. 

A Competición base levarase a cabo durante os días 24,25 e 26 de Maio. O BM Lalín como anfitrión recibe ao S.A.R. de Redondela, ao EM Abegondo e por último ao BM Lucus

Pola outra banda, o Lalín Arena tamén será testemuña do Campionato Galego de Veteráns, que se disputará nunha única xornada o sábado 25. Nel participarán o BM Lalín coma locais, Veteráns Pontevedra, Asmubal Meaño, ADC Lugo, Balonmán Cañiza, BM Ferroltera, Rasoeiro BM, Bueu Atlético e os Amigos do BM Ourense

Desexámoslle moita sorte a todos na búsqueda do campionato da categoría! 

Animádevos a disfrutar do que presenta ser unha fin de semana chea de emocións e balonmán. 

0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.