Federación Galega de Balonmán
26/06/2017 às 22:09
Cabeçalho

Víctor Rodríguez: "Gañar o Europeo foi o colofón a todo o traballo que estabamos a facer, algo único e especial"

O galego Víctor Rodríguez inda estaba onte asimilando o triunfo do día anterior: Ese título de campión de Europa de balonmán praia conseguido con España en Croacia nunha final memorable contra Rusia.

Víctor recordaba a final como interminable: "Estivo bastante igualada, sobre toda a segunda parte. Na primeira estivemos ben en defensa e ao final fómonos de catro ou seis puntos e ganamos, entre comiñas, tranquilamente. O segundo set estivo moi disputado. Foi moi longo, parecía que non se acababa nunca o partido. Ao final decidiuse no gol de ouro e tivemos a sorte de marcalo, que a sorte tamén é necesaria. Poder conseguir o ouro no Europeo foi unha sensación incrible, non sabería nin como describirlo. Foi poñer o colofón a todo o traballo que estabamos a facer. Algo moi bonito e especial".

O vigués, que xa participara o pasado ano con España no Mundial -no que remataron na quinta posición- sentiuse moito máis protagonista neste Europeo: "O ano pasado tiven a sorte de xogar o Mundial pero con pouca participación. Este ano xoguei bastante e en posicións variadas. Iso é o que che pide o seleccionador, que aínda que teñas a túa posición específica, podar aportar noutros postos. É moi importante ter polivalencia e saber desenvolverse noutras posicións. Estou moi contento porque xoguei moito máis, en diferentes posicións e foi unha experiencia moi positiva".

O Europeo foi case perfecto para a selección española e así o manifesta o galego, quen sinalou que "non podería destacar ningún aspecto negativo, en todo caso, as lesións previas que tivemos durante a preparación, porque sempre é duro ver como se lesiona un compañeiro". O resto, todo perfecto, pero sobre todo, o grupo formado: "Gañamos todos os partidos menos un contra Hungría, con bo xogo... Ademais o grupo que temos aquí é incrible, formamos unha familia. Cada un deixao todo polo seu compañeiro e iso é moi difícil de conseguir".

 

E iso a pesar de que na preparación do Campionato as cousas se complicaron polas lesións de varios deportistas, pero o equipo sacou carácter: "Non só fomos quen de superalas, senón que nos convertiu nun equipo máis competitivo. Isto demostra que o equipo que temos é moi grande, que soubemos facer ben as cousas, competir nos momentos complicados, que é cando se mostran os grandes conxuntos".

Víctor apostou polo balonmán praia empurrado polos amigos e agora recoñece que está enganchado: "Comecei no balonmán praia igual que en pista, polos amigos. Creo que cando era cadete nun verán, me convidaron  a xogar un partido de balonmán praia,e dende entón... É un deporte moi atractivo, dinámico, moi bonito de ver e de xogar, e acabas enganchando".

0 Gostei

Gostei
Siga toda a informação da competição em seu telefone móvel iPhone ou Android

Seu navegador não foi capaz de carregar todos os recursos de nossa web, é possível que tenha sido bloqueados por um firewall, um proxy, algum complemento ou a configuração de seu navegador.

Pode clicar Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R para forçar seu navegador a tentar descarregá-los novamente, ou se isto não funcionar, utilizar outro navegador ou contatar seu administrador de sistema ou provedor de Internet para solucionar este problema.