Federación Galega de Balonmán
23/04/2017 às 00:00
A SD TEUCRO ACADA O ASCENSO Á ASOBAL SO UN ANO DESPOIS
A SD Teucro acadou o ascenso á máxima categoría do balonmán español, a Asobal, nunha noite máxica no Pavillón Municipal de Pontevedra ao lograr un empate contra o Barcelona B (26-26).
Este punto foi suficiente para pechar o ascenso á Asobal, despois de que Palma del Río, o único rival que podía retrasar a festa, perdese inesperadamente ante o Bordils (27-26).
A Federación Galega de Balonmán quere felicitar ao club, á plantilla, ao corpo técnico, á directiva e a afección polo enorme traballo desenvolvido durante todo o ano para certificar o regreso á Liga Asobal.
Noraboa SD Teucro!