Federación Galega de Balonmán
06/23/2019 at 18:21
Head

120 RAPACES PARTICIPAN NO CAMPUS DE TECNIFICACIÓN DE BALONMÁN JUAN DE DIOS ROMÁN QUE COMEZOU HOXE

120 rapaces participan dende hoxe na XIII edición do Campus de Tecnificación de Balonmán Juan de Dios Román, que se celebra do 23 ao 30 de xuño en Sanxenxo.


Este campus é para nenas e nenos das categorías  benxamín (nados no ano 2009), alevín (2007 e 2008), infantil (2005 e 2006), cadete (2003 e 2004) e xuvenil (2001 e 2002), os cales contarán con 20 monitores do máis alto nivel para todas as actividades deportivas previstas. Así Nacho Moyano (recentemente fichado como adestrador do Frigoríficos do Morrazo), Alex Mozas (técnico do BM Torrelavega), Milucho Pintos (adestrador nacional, ex xogador de Asobal e profesor de ciclo superior de balonmán), Carla Abad (adestradora do BM Cañiza e premio á mellor adestradora galega do ano 2018 - Premios MUDEGA) ou Leyre Fernández (árbitra) serán algúns dos protagonistas do campus.

 

Os participantes terán dobre sesión de adestramento cada día, e este ano farase fincapé na técnica individual, de forma que as e os participantes levarán un estudo personalizado ao remate do campus. Outra das accións destacadas do campus de este ano será a participación o venres no Arena 1000 de Bueu de balonmán praia. Ademais, haberá actividades de lecer como xogos, paseo en barco ou surf. Grandes momentos, que nunca esquecerán!



0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.