Federación Galega de Balonmán
06/08/2019 at 18:04
Head

Sinatura do convenio de colaboración entre a Federación Galega e a Federación de Porto

Hoxe sábado 8 de xuño asinouse en Silleda o convenio de colaboración entre a Federación Galega de Balonmán, a Federación de Porto e a organización do torneo Paredes Handball Cup’19, para estreitar lazos entre Galicia e Portugal.

No convenio establécense varios puntos de actuación sobre todo en temas arbitrales, balonmán praia, formación e competicións. A sinatura do convenio foi realizada polo presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o presidente da Federación de Porto, Paulo Martíns e o responsable da organización do torneo, Luís Sousa.  O acto tivo lugar en Silleda, onde se está a celebrar a Semana Verde e onde os compañeiros de Portugal están a promocionar o torneo.

En breve haberá reunións coa Federación Portuguesa para poder ampliar a colaboración entre o balonmán galego e o portugués.

.


0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.