Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 16:55

Os galegos Juan Lago e Carlos Álvarez, convocados cos Hispanos Promesas para o Europeo Open

Os galegos Juan Enrique Lago (BM Lalín) e Carlos Álvarez (Cisne) foron convocados polo seleccionador Francisco Martí para disputar cos Hispanos Promesas o Campionato de Europa Open, que se celebrará do 1 ao 5 de xullo en Suecia. Para preparar este Europeo, a selección española concentrarase do día 27 ao 29 de xuño en Guadalaxara. O día 30 viaxarán a Göteborg, para a disputa da fase de grupos, na que se enfrontarán a seleccións como Noruega, Xeorxia, Israel, Estonia e Illas Feroe. No documento adxunto tedes a convocatoria e plan de traballo. Noraboa… Vedi di piú

Vedere
1 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 16:17

MAÑÁ COMEZA EN VIGO A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL FEMININO, COA AD CARBALLAL COMO ANFITRIOA

O Pavillón das Travesas, en Vigo, acollerá do 5 ao 9 de xuño a fase final do Campionato de España na categoría infantil feminina. A cita reúne aos 8 mellores conxuntos da categoría, que loitarán polo título de campioas de España por clubs. Os tres primeiros días de competición disputarase a fase de grupos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo  accederán  ás semifinais. GRUPO I BM Huarte, Smurtfit Kappa Córdoba BM, Hand Vall “A” e Handbol Sant Joan Despí “A”. GRUPO II Faro de Vigo AD Carballal, HBC’74 Construcciones… Vedi di piú

Vedere
1 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 11:39

Aitana Santomé, convocada para a disputa do Europeo Júnior en Hungría

Aitana Santomé (BM Porriño) forma parte da convocatoria definitiva da selección española júnior feminina para a disputa do Campionato de Europa en Györ (Hungría) do 11 ao 21 de xullo. No mes de marzo Aitana foi convocada por vez primeira por Imanol Álvarez no grupo de 16 e xa entón soñaba coa posibilidade de ir ao Europeo, E agora, co seu traballo, o soño  é unha realidade. A galega está na lista definitiva para o Europeo e a súa preparación previa. Así, o grupo está convocado o día 27 de xuño en Madrid. O combinado español… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 08:12

O Arena 1.000 de Bueu, do 28 ao 30 de xuño

Volve a elite do balonmán praia a Galicia! O Arena 1.000 de Bueu, segunda proba do circuito, celebrarase do 28 ao 30 de xuño na Praia Banda do Río. O prazo de inscrición remata o próximo 20 de xuño. Aínda estás a tempo!

Vedere
1 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
03/06/2019 09:30

BALONMÁN PABELLÓN OURENSE, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL FEMININA E DA MASCULINA DO GRUPO SUR

Fin de semana perfecto para o Balonmán Pabellón Ourense na súa categoría xuvenil. O equipo feminino logrou proclamarse campión da Copa Federación de División de Honra, mentres que o masculino logrou a vitoria na final da Copa Federación da Segunda Autonómica Grupo Sur. Esta fin de semana celebráronse en Ourense as fases finais da Copa Federación Xuvenil Feminina e Masculina, que reunían na cita aos conxuntos do Pabellón Ourense, BM Lalín, BM Porriño, Atl. Guardés e UB Lavadores. Na categoría feminina, o sábado celebrouse a semifinal… Vedi di piú

Vedere
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.