Federación Galega de Balonmán
08/07/2019 07:10

Oito galegos, na convocatoria da Xeración 2002/03 en Sierra Nevada

Oito galegos foron convocados pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán para  a actividade que a Xeración 2002/2003 realizará do 18 ao 25 de setembro no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada, en Granada. Os galegos seleccionados son: Carlos Álvarez, Víctor Fernández, Daniel Virulegio e Román Arboleya (C.B. Cisne); Alejandro López e Pablo González (AD Carballal); Diego Fernández (Octavio) e Juan Enrique Lago (CB Lalín). Noraboa a todos!! Foto: RFEBM

Vedere
0 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace Commento
Federación Galega de Balonmán
08/07/2019 06:48

Estela Doiro, na convocatoria das Guerreiras "Obxectivo 2021"

A galega Estela Doiro e as xogadoras do Guardés Carmen Campos e Paulina Pérez foron seleccionadas para formar parte do programa 'Obxectivo 2021 feminino', que realizarán unha concentración no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, do 23 ao 30 de xullo. Este programa deu comezo en setembro da man do corpo técnico da selección absoluta, con Carlos Viver ao fronte. Durante a actividade, as Guerreiras 'Obxectivo 2021’ exercitaranse desde o día 23 de xullo en sesións de mañá e tarde nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Sant… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace Commento
Federación Galega de Balonmán
07/07/2019 15:14

MAÑÁ COMEZA EN PONTEVEDRA O TERCEIRO MÓDULO DE MÁSTER COACH

A próxima semana celebrarase na cidade de Pontevedra o terceiro módulo do Master Coach, organizado pola Federación Galega de Balonmán, a Federación Española de Balonmán e a Secretaría Xeral para o Deporte.  O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá do 8 ao 12 de xullo o curso da escola de adestradores. Personalidades do mundo do balonmán como Zupo Equisoain, Juan Carlos Zapardiel, Francisco Sánchez, J J. Espina Agulló, Unai Arrieta e Mario Bernardes, serán os encargados de impartir as clases maxistrais e formar aos adestradores… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace Commento
Federación Galega de Balonmán
05/07/2019 03:19

Esta fin de semana, Torneo Concello da Guarda de Balonmán Praia

Esta fin de semana (5, 6 e 7 de xullo) celebrarase na praia do Codesal o Torneo de balonmán praia Concello da Guarda, cuarta proba do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019. Neste torneo participarán máis de 70 equipos das categorías alevín mixto e infantil, cadete, xuvenil e sénior, masculino e feminino. A competición comezará hoxe ás 16 horas e durante tres días poderemos gozar co mellor balonmán praia galego. Nos documentos adxuntos, tes o calendario, os grupos e a clasificación xeral do Campionato Galego de Balonmán Praia, 

Vedere
0 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace Commento
Federación Galega de Balonmán
04/07/2019 03:20

Convocatoria das seleccións galegas infantís para o Torneo de Cangas de Narcea

Xa temos as convocatorias das seleccións galegas infantís masculina e feminina que participarán no XXVI  Torneo de Cangas del Narcea, que se celebrará na dita localidade asturiana entre os días 10 e 14 de xullo. O domingo 7 de xullo as seleccións realizarán unha sesión de adestramento no Polideportivo “As Marismas” de Redondela de 17:00 a 19:00 da tarde. Nesta sesión de traballo facilitarase toda a información sobre a viaxe a Asturias. [email protected] @s [email protected] deberán comunicar asistencia ou a súa non comparecencia enviando un correo… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace Commento
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android
Entra in contatto con l'organizzatore
Inviare messaggio

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.