Federación Galega de Balonmán
07/06/2018 18:02

Esta fin de semana comeza o Campionato Galego de Balonmán Praia co torneo Cidade de Vigo

Esta fin de semana (do 8 ao 10 de xuño) comeza a oitava edición do Campionato Galego de Balonmán Praia coa celebración do Torneo Cidade de Vigo na praia de Samil. Serán tres días de competición con preto de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia. Así neste primeiro torneo competirán as dous campións galegos sénior do pasado ano, o PTV HandStramd e o Veba Waterfuckers. Será a primeira proba do campionato… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
05/08/2017 09:45

En marcha o Campionato de España de Balonmán Praia en Laredo

O venres 4 de agosto comezou en Laredo o Campionato de España de Balonmán Praia das categorías sénior, xuvenil, infantil e cadete coa presenza de case douscentos equipos, entre os que se atopan varios conxuntos galegos nas diferentes categorías. Ademais dos equipos, hai que destacar a presenza da galega Paola González (delegada federativa) e dos árbitros Alberto Rodríguez e Carlos Alonso. PTV HandStrand -actual campión galego- e Painkillers compiten en sénior masculino, mentres que AC Kalo Painkillers participa en sénior feminino. En… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
26/07/2017 10:40

Waterfuckers 2.0 feminino e PTV HandStrand masculino, campións galegos de balonmán praia

Waterfuckers 2.0 (feminino) e PTV HandStrand (masculino) proclamáronse onte en Nigrán campións galegos de balonmán praia, nunhas finais moi apertadas e disputadas.  O Waterfuckers 2.0, que está a facer unha tempada redonda, eliminou nas semifinais a As Espartanas  (2-0) e tivo que enfrontarse na final a El Bunga. Foi un choque moi axustado, que se tivo que decidir nos shoot-outs. O primeiro set foi para o Waterfuckers por 20-19, mentres que o segundo caeu do lado de El Bunga (16-17). Nos penaltis, 4-3 a favor do Waterfuckers 2-0. Na categoría… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
26/06/2017 22:09

Víctor Rodríguez: "Gañar o Europeo foi o colofón a todo o traballo que estabamos a facer, algo único e especial"

O galego Víctor Rodríguez inda estaba onte asimilando o triunfo do día anterior: Ese título de campión de Europa de balonmán praia conseguido con España en Croacia nunha final memorable contra Rusia. Víctor recordaba a final como interminable: "Estivo bastante igualada, sobre toda a segunda parte. Na primeira estivemos ben en defensa e ao final fómonos de catro ou seis puntos e ganamos, entre comiñas, tranquilamente. O segundo set estivo moi disputado. Foi moi longo, parecía que non se acababa nunca o partido. Ao final decidiuse no gol… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
23/06/2017 11:18

O "Area Kid" chega a Bueu o 2 de xullo

O día 2 de xullo celebrarase en Bueu o Area KId, unhas xornadas abertas debBalonmán praia, organizadas pola Federación Española de Balonmán, e que se están a realizar en  cada unha das sedes de Circuíto Nacional de Area Tour 1000.Todos aqueles nenos/nenas de idades comprendidas entre 2004 e 2007 poden asistir GRATUITAMENTE á actividade. O día elixido para a realización da mesma en Bueu é o domingo 2 xullo ás 11  horas. Poderase inscribir todo aquel neno/nena que o desexe e queira practicar durante algo mais de 1 hora as habilidades… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.