Federación Galega de Balonmán
03/07/2019 09:33

Xa podes mercar as túas entradas para o Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra

Dende hoxe 3 de xullo ás 12:00 horas xa podedes mercar as localidades para asistir ao Mundial Júnior masculino, que se celebrará en Vigo e Pontevedra do 16 ao 28 de xullo. A venda de localidades realizarase a través de Marcaentradas e tamén haberá puntos de venda físicos nas sedes de todos os clubs galegos ou  na Federación Galega de Balonmán. Os prezos das localidades oscilan entre os 7 euros das xornadas de mañá ou tarde da primeira fase (tres partidos), ata os 32 do último día para gozar coa final na que se decidirá o campión… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
23/02/2019 19:45

A PRÓXIMA SEMANA, VISITA DA IHF ÁS INSTALACIÓNS DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA

Unha delegación da Federación Internacional de Balonmán (IHF) visitará os días 25, 26 e 27 de febreiro Vigo e Pontevedra para seguir avanzando na organización do  Campionato do Mundo de Balonmán Júnior 2019, que se celebrará nestas cidades do 16 ao 28 de xullo. Desta forma, os inspectores da IHF Per Bertelsen e Marco Tosi Brandi estarán durante tres días en Galicia para visitar os pavillóns de xogo e de adestramento, así coma hoteis na cidade de Vigo. Ademais, celebraranse varios reunións de traballo cos dirixentes da Federación… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
08/06/2017 16:19

O domingo 11, Campionato Galego de Seleccións Provinciais en Lalín

Aproximadamente 230 deportistas competirán o 11 de xuño no XIVº Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha das citas máis especiais da tempada, xa que podemos gozar cos  xoves talentos das categorías alevín e infantil do balonmán galego. Ademais do deporte, tamén é unha xornada de convivencia para os rapaces e para as súas familias, o que fai deste encontro unha xornada única. Outro dos encantos deste torneo é que se desenvolverá en Lalín e nun recinto emblemático, o Lalín Arena,… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
01/06/2017 16:10

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís masculina e feminina de Pontevedra

As seleccións infantís (masculina e feminina) de Pontevedra ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. A selección infantil feminina adestrará o día 4 de xuño (18:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a masculina traballará no Pavillón do Carballal (17:00 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
25/05/2017 09:24

O domingo 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais de Pontevedra alevín mixta e infantil masculina

En Pontevedra tamén continúa a preparación das seleccións provinciais. Esta fin de semana descansa a selección infantil feminina, pero haberá sesión de traballo para a alevín mixta e a infantil masculina. O conxunto infantil está citado o domingo 28 de maio, ás 17:30 horas, no Pavillón do Carballal, mentres que o alevín mixto ten que presentarse no Pavillón Municipal de Redondela (16:30 horas). Nos documentos adxuntos, tedes as convocatorias.

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.