Federación Galega de Balonmán
03/06/2019 09:30

BALONMÁN PABELLÓN OURENSE, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL FEMININA E DA MASCULINA DO GRUPO SUR

Fin de semana perfecto para o Balonmán Pabellón Ourense na súa categoría xuvenil. O equipo feminino logrou proclamarse campión da Copa Federación de División de Honra, mentres que o masculino logrou a vitoria na final da Copa Federación da Segunda Autonómica Grupo Sur. Esta fin de semana celebráronse en Ourense as fases finais da Copa Federación Xuvenil Feminina e Masculina, que reunían na cita aos conxuntos do Pabellón Ourense, BM Lalín, BM Porriño, Atl. Guardés e UB Lavadores. Na categoría feminina, o sábado celebrouse a semifinal… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
15/04/2019 15:32

CARBALLAL ACOLLERÁ A FASE FINAL ESTATAL XUVENIL FEMININA

O Pavillón do Loureiro en Vigo acollerá a fase final estatal da categoría xuvenil feminina do 1 ao 5 de maio. Vigo, co AD Carballal como organizador, será por primeira vez sede do mellor balonmán da categoría, onde as do Carballal buscarán coroarse como campioas de España.  Tralo sorteo celebrado pola RFEBM os grupos quedan conformados así: GRUPO I Gasóleos Vallejo Fuentes Carrionas Calfrima Carballal Avannubo La Roca Balonmano Sanse GRUPO II Maravillas Benalmádena AD. La Jota Malkaitz Eskubaloia Elche Grupo Assa Moita sorte ás… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
15/04/2019 11:41

AD CARBALLAL XUVENIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, por segundo ano consecutivo, clasificarse para a fase final do campionato de España xuvenil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este venres fronte ao BM Rocasa, onde acadaron unha vitoria por tres tantos. Máis doada foi o triunfo do sábado con un contundente 34-21 ante as extremeñas do Calamonte. Onte, nun pavillón a rebosar, as de Javier Castro convertíanse en campioas do sector A mediante un empate fronte ao BM Ikasa Madrid que soubo a vitoria,… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
23/03/2019 08:11 · DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINO, DIVISIÓN HONRA XUVENIL FEMININO - 2ª Fase

DH XUVENÍS: ÚLTIMA XORNADA DECISIVA

Fin de semana clave para os conxuntos galegos xuvenís que aspiran a conseguir unha praza para os sectores nacionais. Na competición feminina o BM. Lalín e o Asmubal Meaño volven a loita tras concederse esta semana unha terceira praza adicional. As dezanas enfróntanse como visitantes ao BM. Porriño, esta mañá ás 12:15h no Pavillón Municipal dos Deportes. Un encontro que en boca de Budi adestrador do Lalín será complicado. “Todas as veces que nos xogamos algo tan importante estaba o Porriño de por medio, e por unhas cousas e outras… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 13:03

A preselección xuvenil feminina adestrará este domingo no Gatañal

A preselección xuvenil feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais. Así, o combinado adestrará o 18 de novembro ás 18:30 horas no Pavillón do Gatañal en Cangas,no que será unha sesión de traballo máis cara a decidir a convocatoria da selección galega para esta importante cita. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Vedere
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.