Federación Galega de Balonmán
10/06/2019 20:40

AS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA

Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 10:07

AD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia.  Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:07

O domingo 2 de decembro, adestramento da preseleccion galega infantil feminina en Cangas

O Gatañal tamén acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil feminina, que se celebrará o día 2 de decembro, no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo dende as 18:30 h. as 20:00 horas. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Vedere
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:36

A preselección galega infantil feminina adestra o 25 no Gatañal

A preselección galega infantil feminina tamén ten traballo esta fin de semana. O combinado está convocado o día 25 de novembro (a partir das 18:30 horas) no Pavillón O Gatañal (Cangas). Esta sesion está incluída no plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Vedere
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 12:46

Cangas acolle este domingo a sesión de traballo da preselección infantil feminina

A preselección galega infantil feminina realizará o próximo 18 de novembro (16:30 horas) unha sesión de adestramento no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo. Esta xornada forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se desenvolverá a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Vedere
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.