Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 12:37

PABLO GONZÁLEZ, JOSE CHAO E DAVID ÁLVAREZ, COS HISPANOS XUVENÍS AREA

Os galegos Pablo González, Jose Manuel Chao e David Álvarez, pertencentes ao Club Balonmán Praia Veba, foron convocados polo seleccionador nacional Pedro Bago para continuar coa actividade de preparación do Campionato de Europa Xuvenil, que se disputará en Polonia do 27 ao 30 de Xuño. Os xogadores estarán concentrados do 14 ao 17 de xuño nas instalacións deportivas da Universidade de Alcalá de Henares donde traballarán en sesións de mañá e tarde.  Moita sorte rapaces! 

Vedere
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 12:20

YAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS

Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
10/06/2019 20:40

AS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA

Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… Vedi di piú

Vedere
Federación Galega de Balonmán
09/06/2019 10:19

Adriana Mallo, convocada para xogar con España o Europeo Xuvenil Feminino

Adriana Mallo (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada para a disputa coa selección española do Campionato de Europa Xuvenil Feminino, que se celebrará en Eslovia no mes de agosto A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Alfredo Rodríguez, tanto para a preparación como para a disputa do Europeo, que terá lugar en Celje do 1 ao 11 de agosto. As Guerreiras Xuvenís están encadradas no Grupo A xunto a Noruega, Suecia e Croacia.  Antes de participar na cita continental, a… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Federación Galega de Balonmán
08/06/2019 18:04

Sinatura do convenio de colaboración entre a Federación Galega e a Federación de Porto

Hoxe sábado 8 de xuño asinouse en Silleda o convenio de colaboración entre a Federación Galega de Balonmán, a Federación de Porto e a organización do torneo Paredes Handball Cup’19, para estreitar lazos entre Galicia e Portugal. No convenio establécense varios puntos de actuación sobre todo en temas arbitrales, balonmán praia, formación e competicións. A sinatura do convenio foi realizada polo presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o presidente da Federación de Porto, Paulo Martíns e o responsable da organización… Vedi di piú

Vedere
0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.