Federación Galega de Balonmán
10/07/2019 alle 15:37
Testa

Dous triunfos galegos na primeira xornada do Torneo Infantil de Cangas de Narcea

Dous triunfos galegos na primeira xornada do Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea, que se está a celebrar en Asturias do 10 ao 14 de xullo. Galicia feminina gañou a Extremadura e a selección masculina foi moi superior a A Rioxa.

Infantil feminino: Galicia 21-14 Extremadura.

A selección galega infantil feminina comezou o Torneo de Cangas de Narcea cunha vitoria fronte a Extremadura. Non foi un choque sinxelo. Os nervios e as inseguridades das nosas deron lugar a un partido con moitos altibaixos, tanto ofensiva como defensivamente. Así as forzas estiveron moi igualadas e ao descanso chegamos cun curta vantaxe para Galicia (8-6). A medida que o partido avanzaba, as minigalaicas ían sentíndose mellor na pista e pouco a pouco foi aumentando a vantaxe no marcador ata o 21-14 final.

Galicia, 21: Irene Ríos, Lidia Sanda, Iria Augusto, Nerea Patiño, Antía Fernández, Shaila Fernández, Uxía Fernández (3), Alba Martínez, Iria Benaches (2), Silvia Sánchez, Aine Roca, Sara Pereira (6), María Jiménez, Estela Misa.

 Mañá a selección xogará contra Madrid (13:15 horas)

 

Infantil masculino: Galicia, 37 - A Rioxa, 16

Vitoria contundente para Galicia masculino no primeiro partido do torneo ante, a priori, o rival máis débil do grupo. Nos primeiros minutos, os nosos non estiveron excesivamente cómodos, pero a pesar diso mostraron a súa superioridade escapándose un pouco no marcador. A medida que pasaban os minutos foron soltándose un pouco ata chegar ao descanso cun 21-11 no marcador.

A segunda parte comezou moito mellor, con máis seguridade en defensa e aproveitando as transicións para acadar goles sinxelos e aumentar aínda máis a renda.

Galicia, 37: Diego Otero, Pablo López (5), Xulio Fernández (3), Eloy Pérez (2), Alex Alonso (7), Xoan Fernández (1), Alejo Varela (2), Brais Cangado (3), Nicolás Giráldez, Anxo Fernández (4), Antón Casas (2), Roi González (1), Yago Raimúndez (3), Manuel Lorenzo (4).

Mañá xogarán contra a Comunidade Valenciana (17:15 horas)


0 Mi piace · 0 Commenti

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android
Entra in contatto con l'organizzatore
Inviare messaggio

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.