Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 alle 19:58
Testa

MAÑÁ DISPUTARANSE AS FINAIS DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

Xa se coñecen os finalistas do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os favoritos cumpriron neste primeiro torneo. Mañá na final feminina (13:15 horas) enfrontaranse AC Kalo Painkillers e Veba WaterFuckers, mentres que na masculina (14:00) xogarán Zas e PTV Handstrand.


Na categoría feminina sénior, AC Kalo Painkillers superou na semifinal ao Merengue Cremosso, mentres que o Veba WaterFuckers gañou ao Espartanas (2-0). En sénior masculino, o Zas vigués eliminou na semifinal ao BM Panchitos por 2-0, mentres que o PTV venceu ao SH Ramal dos Galos nos shoot out.


Na categoría xuvenil tamén coñecemos como serán as finais. Na masculina loitarán por este primer título Veba Pala (que gañou a Painkillers) e Veba Pico (venceu a Cremosso), mentres que a final feminina será entre AC Kalo Painkillers e Molubesa Area Bueu.


O campionato comezou o venres pola tarde e puidemos gozar de dous días de balonmán praia nun magnífico ambiente, xa que foi moita a xente que se achegou ata Ladeira para ver en acción aos 70 equipos participantes das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Mañá (a partir das 9:00 horas) rematará o torneo, coa celebración das finais e a loita polo terceiro posto en todas as categorías.


A de Baiona é a primeira proba do Campionato Galego, formado por cinco torneos clasificatorios (Baiona, O Grove, Bueu. A Guarda e Moaña) e a gran final, que se celebrará na praia de Samil en Vigo do 19 ao 21 de xullo. Para poder clasificarse para a fase final, os participantes deberán participar nun mínimo de tres torneos do Galego. A proba de Bueu forma parte do Circuíto 1.000 de Balonmán Praia, polo que tamén poderemos gozar cos mellores equipos españois.



0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.