Federación Galega de Balonmán
17/05/2019 alle 11:00
Testa

Presentación en Camariñas das fases provinciais alevín e benxamín BM5 e a Final Galega de Segunda Infantil Feminina

Hoxe tivo lugar no Concello de Camariñas a presentación das fases finais da provincia da Coruña alevín e benxamín de balonmán 5 e a Fase Final Galega de Segunda División Infantil feminina, que se celebrarán do 24 ao 26 de maio en Camariñas. Nestes tres días de competición pasarán polo pavillón de Camariñas uns 400 rapaces e rapazas.

No acto estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o concelleiro de Deportes, José Manuel Canosa; en representación da Federación Galega de Balonmán os directivos Borja Tajes e Jesús Varela e o presidente do Balonmán Camariñas, Andrés Cerdeiras.

A alcaldesa destacou que Camariñas acollera unha gran festa do balonmán galego de base, mentres que Borja Tajes manifestou "o agradecemento ao club Balonmán Camariñas, polo ímpeto que puxo para traer este torneo a Camariñas”.

Para a disputa destes torneos utilizaranse as dous pistas do Pavillón Municipal de Camariñas. A Fase Final Galega de Segunda División Infantil Feminina comezará o venres e contará con tres xornadas de xogo, coa participación de BM Camariñas, BM Chapela, BM Culleredo e Mecalia Atlético Guardés A. O gañador terá dereito a organizar unha das sedes de play off, que se celebrarán en setembro, e que darán opción ao ascenso á División de Honra.

A Fase Provincial Alevín mixta de Balonmán 5 celebrarase o sábado con 12 equipos, mentres que a fase benxamín terá lugar o domingo tamén con 12 participantes. Os campións representarán á provincia da Coruña na fase final do Campionato Galego, que se celebrará o día 1 de xuño.

0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.