Federación Galega de Balonmán
09/05/2019 alle 09:01
Testa

ESTA FIN DE SEMANA, PORRIÑO COMO ANFITRIÓN E MOAÑA BUSCARÁN UN OCO NA DIVISIÓN DE HONRA PRATA FEMININA

Os días 10, 11 e 12 de maio celébranse as fases de ascenso estatáis a segunda máxima categoría do balonmán feminino español, co BM Porriño e BM Moaña como clubs galegos protagonistas.


O BM Porriño, organizador do Sector A, despois de rexeitar varios anos acudir á cita, toma a decisión de poñer aos seus dous conxuntos sénior ao máis alto nivel do balonmán feminino. Unha plantilla que conta con xente que xa debutou con minutos na Liga Guerreras Iberdrola. As porriñesas deberán superar ao Balonmán Zamora, EDM Aceuchal e ao KTM Valsequillo para acadar o seu obxetivo. 


Caso contrario é o de BM Moaña, quen consegue por primeira vez clasificarse para unha fase de esta envergadura. O conxunto dirixido por Alejandro Fazanes accede como campión galego, un ano despois de quedarse as portas. As do Moaña terán que viaxar ata Cantabria para medirse co anfitrión, o El Pendo Camargo; o CB Jarrilleras e o Balonmán Rocasa. Un grupo que, de primeiras, parece que será dos máis fortes. 


As campioas de cada grupo conseguirán o ascenso directo a División de Honra Prata feminina. 


Moita sorte!

Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.