Federación Galega de Balonmán
08/05/2019 alle 17:05
Testa

Intensa sesión de traballo do comité de dirección do Campionato Mundial de Balonmán Júnior Masculino

O Campionato Mundial de Balonmán Júnior Masculino, que se celebrará en Pontevedra e Vigo do 16 ao 28 de xullo, segue dando pasos. A pouco máis de dous meses, os traballos organizativos gañan en intensidade. Hoxe o comité de dirección do campionato mantivo unha longa reunión de traballo no Pazo Provincial, na que estiveron en representación de Pontevedra, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o xefe do servizo municipal de Deportes, Jaime Agulló; polo Concello de Vigo acudiron o concelleiro de Deportes, Manuel Fernández e o técnico Rubén Peña e por parte da institución anfitrioa da reunión, a Deputación Provincial, a deputada Chelo Besada e os técnicos José Covelo e Paula Fernández. Polo lado federativo estiveron presentes o director do Mundial, Jaume Fort; o director xeral da Federación Española de Balonmán, Jesús Ludeña e presidente da Federación Galega, Bruno López.

Nesta longa reunión técnica abordáronse distintas cuestións organizativas: a imaxe, aspectos loxísticos, voluntariado, orzamento, instalacións… As conclusións serán trasladadas ao comité organizador do Campionato Mundial de Balonmán Junior que terá que dicir si, ou modificar, os consensos acadados na sesión de traballo de hoxe.

Serán 24 as seleccións que participarán no mundial. Todas elas mirarán cara a Pontevedra o vindeiro 21 de maio, día do sorteo da fase final do campionato. O sorteo terá lugar ao mediodía no Pazo Provincial.

0 Mi piace

Mi piace
Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.