Federación Galega de Balonmán
23/03/2019 alle 08:11 · DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINO, DIVISIÓN HONRA XUVENIL FEMININO - 2ª Fase
Testa

DH XUVENÍS: ÚLTIMA XORNADA DECISIVA

Fin de semana clave para os conxuntos galegos xuvenís que aspiran a conseguir unha praza para os sectores nacionais.

Na competición feminina o BM. Lalín e o Asmubal Meaño volven a loita tras concederse esta semana unha terceira praza adicional.

As dezanas enfróntanse como visitantes ao BM. Porriño, esta mañá ás 12:15h no Pavillón Municipal dos Deportes. Un encontro que en boca de Budi adestrador do Lalín será complicado. “Todas as veces que nos xogamos algo tan importante estaba o Porriño de por medio, e por unhas cousas e outras non puidemos conseguir o obxectivo.”

Contan coa baixa de Celia Pedreira a súa xogadora referente e a directora de orquestra, máis iso non as freará para disputar un partido bonito de ver para os afeccionados, e ilusiónante de afrontar como equipo.

Por outra parte o adestrador añade “contamos coas nenas de sempre, un equipo que estivo representado nas seleccións galegas por 4 ou 5 xogadoras, máis este ano só por unha. As nosas rivais sempre teñen notoria representación e ademais contan con máis recursos para fichar.”

Será un encontro complicado onde só un equipo se xogue todo, xa que o BM Porriño está clasificado como segundo galego.

No mesmo caso atópase o Asmubal Meaño, empatado a puntos co BM. Lalín e, co gol-average perdido, dependen do resultado das do Deza para saber se optan a esa praza adicional. Claras palabras de Cynthia Bello. “A nos só nos vale unha derrota do Lalín, e en base a ese resultado afrontaremos o partido do domingo contra as últimas clasificadas de esta fase final”.


Na competición masculina o Cisne Colegio Los Sauces afronta a última xornada como favorito, conta con un e dous puntos máis que o segundo e o terceiro clasificado, e enfrontarase ao colista da categoría.

Os que máis teñen en xogo son a AD. Carballal como segundos clasificados e o Seis do Nadal como terceiro con só un punto de diferencia. Ambos competirán a última xornada como visitantes.

A AD. Carballal viaxa ata a cancha do sexto clasificado, a SD. Teucro, onde no partido de ida os vigueses so conseguiron a vitoria por tres tantos. Encontro que o pode meter nun apuro de cara o seu obxectivo, emocionante e bonito de xogar. Partido que non deixará indiferente a ninguén, o Carballal só depende de si mesmo e loitará por esa vitoria coma nunca.

Por último o Seis do Nadal xogará contra o Laber Xiria, onde temos coma antecedente un resultado de 43 – 20 obtido en Coia. Aos de Jorge Fernández só lles vale unha vitoria, sempre e cando o Carballal falle na cita ante o Teucro.


Moita sorte a todos!

Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.