Federación Galega de Balonmán
06/03/2019 alle 14:33 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO
Testa

ANALIZAMOS A DH CADETE FEMININA, A MÁIS IGUALADA EN TEMPOS

Este ano, a diferencia da tempada pasada, a División de Honra Cadete feminina desenvolveuse cun Play Off previo e a continuación cunha liga regular a dobre partido entre todos os equipos.

A falta de tres xornadas, a Liga atopábase coa AD Carballal Campioa Galega e con catro conxuntos loitando pola segunda praza para acceder aos sectores nacionais.

Analizamos en profundidade o encontro celebrado esta mañá entre o BM Cangas e o BM Porriño, un partido clave para seguir na loita pola segunda praza das locais e para afianzarse nela as visitantes.

Falamos con Adrián Pumar e Ana Alonso adestradores dos conxuntos que hoxe se enfrontaban, e ambos coinciden en que foi un partido moi intenso. Ana Alonso fala “Acabó el partido con victoria para nosotras 22 – 24. La primera parte hasta el minuto 20 sufriendo nosotras, nos fuimos al descanso perdiendo de dos, pero bueno la segunda parte la verdad que fue alti bajos totalmente y acabamos llevándonoslo defendiendo 3:2:1 muy fuerte y corriendo el contraataque aprovechando sus errores en repliegue”.

Por outro lado Adrián Pumar cóntanos “Se nos escapó el partido en los últimos 10 minutos donde fallamos muchos lanzamientos claros, su portera Clara estuvo muy acertada y nos costó una barbaridad hacer gol. Fue el momento que aprovecharon para darle la vuelta y llevarse el partido. Ahora ya las opciones que teníamos de ser segundas creo que se nos han ido, y tenemos que pensar en asegurar cuanto antes la presencia entre las 5 primeras. Vamos el sabado a Redondela, en lo que para nosotras es una final.”

Nesta loita tamén participan a SD Teucro que con 26 puntos e un partido menos, o cal disputará esta tarde en Coirón fronte ao Asmubal Meaño 18:00h, ocupa a terceira praza. Partido que de primeiras tamén amosa que estará cargado de intensidade xa que no partido de ida as Pontevedresas sufriron ata o final, máis conseguiron darlle a volta ao encontro e levarse a vitoria nos últimos minutos por dous tantos.

En último lugar temos que ter en conta a S.A.R. de Redondela, quen tamén con un partido menos ocupa a quinta praza empatada a puntos co Cangas. O partido aprazado por parte da S.A.R. celebrarase o 19 de marzo fronte as colistas, o Galicia Social.

Teremos que agardar ata a última xornada para saber quenes son os catro clasficados para a 2ª fase e así obter o último pase galego para os sectores nacionais? Serán a clave os partidos aprazados do Teucro e da S.A.R.?


Moita sorte a todas nestas últimas tres xornadas cargadas de emoción.

Seguite tutte le notizie riguardanti la competizione sui vostri iPhone o Android

Il tuo browser non era in grado di caricare tutte le risorse del nostro sito. Questo é probabilmente dovuto ad un firewall o una proxy o una impostazione del tuo browser.

Puoi premere Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R per forzare il tuo browser a caricarle. Se non funziona, prova a usare un altro browser o contatta il tuo amministratore di sistema o ISP per risolvere il problema.