Federación Galega de Balonmán
18/06/2019 07:24

Aberto o prazo de inscrición nas eliminatorias de ascenso das categorías  cadete e infantil masculina e feminina e xuvenil masculina

Aberto o prazo de inscrición nas eliminatorias de ascenso das categorías cadete e infantil (masculina e feminina) e xuvenil masculina. O prazo de inscrición será do 18 de xuño ata o 1 de xullo. Estos play-off celebrarasen no mes de setembro, segundo o acordo da asemblea celebrada en Vigo o pasado 7 de xullo de 2018. Adxúntase:  - Escrito comunicando datas de inscrición e celebración. - ANEXO: Clubs con dereitos deportivos adquiridos para xogar en División de Honra na tempada 2019-20. - Solicitude inscrición eliminatoria de ascenso (Play Off).

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 18:31

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo… Voir plus

Voir
Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 09:48

Aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en balonmán

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en  balonmán, que se desenvolve no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. A Xunta publicou no DOG que o prazo para realizar estas probas de acceso permanecerá aberto do 10 de xuño ao 10 de xullo e a inscrición pode realizarse na secretaría do centro (Avenida Raíña Víctoria Uxía s/n). Esta titulación está reglada e recoñecida pola Administración e as persoas que o realicen disporán dun ciclo medio. O ciclo medio consta de dous niveis… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 19:58

MAÑÁ DISPUTARANSE AS FINAIS DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

Xa se coñecen os finalistas do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os favoritos cumpriron neste primeiro torneo. Mañá na final feminina (13:15 horas) enfrontaranse AC Kalo Painkillers e Veba WaterFuckers, mentres que na masculina (14:00) xogarán Zas e PTV Handstrand. Na categoría feminina sénior, AC Kalo Painkillers superou na semifinal ao Merengue Cremosso, mentres… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 10:58

Álvaro Preciado, convocado para a fase de preparación do Mundial Xuvenil

Álvaro Preciado (Cisne Balonmán) forma parte de lista de 16 xogadores convocados por Alberto Suárez, preparador dos Hispanos Xuvenís, para iniciar a preparación do Mundial Xuvenil de Macedonia do Norte 2019, que se disputará do 6 ao 18 de agosto. Dita preparación realizarase en España e quedará distribuída en tres fases de aproximadamente 10 días de duración cada unha, nos que se inclúe a celebración de 4 partidos internacionais contra Eslovaquia e Hungría. O seleccionador nacional citou aos mozos o 28 de xuño en Málaga para partir… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.