Federación Galega de Balonmán
10/06/2019 20:40

AS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA

Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… Voir plus

Voir
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:34

Chapela, sede da sesión preparatoria da preselección cadete masculina

Chapela acollerá a sesión de traballo da preselección galega cadete masculina, que se celebrará o día 2 de decembro ás 18:00 horas no  pavillón municipal. Este adestramento forma parte da preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Voir
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:07

O domingo 2 de decembro, adestramento da preseleccion galega infantil feminina en Cangas

O Gatañal tamén acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil feminina, que se celebrará o día 2 de decembro, no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo dende as 18:30 h. as 20:00 horas. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Voir
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 19:53

O  Gatañal acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil masculina

Cada vez está máis preto o Campionato de España de Seleccións Territoriais e as nosas seleccións continúan coa súa preparación. Así, a preselección galega infantil masculina celebrará unha sesión de adestramento será o domingo, 2 de decembro, dende ás 16:30 ata as 18:30 horas no Pavillón O Gatañal (Cangas). No documento adxunto tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Voir
Federación Galega de Balonmán
05/08/2018 18:19

VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO

Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… Voir plus

Voir
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.