Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:27

O día 2 de decembro, adestramento da preselección galega cadete feminina en Poio

A preselección galega cadete feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. O adestramento será o domingo 2 de decembro, ás 18 horas, no Pavillón municipal de A Seca (Poio). No documento adxunto tedes a convocatoria.

Voir
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:16

A  preselección galega xuvenil feminina adestra o día 2 de decembro en Poio

A preselección galega xuvenil feminina realizará o 2 de decembro unha nova sesión preparatoria para o Campionato de España de Seleccións Territoriais , que se celebrará a comezos de 2019 en Valladolid. O adestramento será o 2 de decembro de 2018, de 16:30 horas ata as 18 horas, no Pavillón Municipal de A Seca (Poio). No documento adxunto tedes a convocatoria.

Voir
Federación Galega de Balonmán
29/09/2017 17:46

Novo adestramento para as preseleccións galegas, domingo 1 de outubro

Nova convocatoria para todos os xogadores e xogadoras preseleccionados en categorías infantil masculina, cadetes e xuvenís (masculina e feminina), que seguen a súa preparación cara Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se xogará en Galicia no próximo xaneiro 2018. Nesta ocasión os infantís adestrarán no pavillón do Rosal (16:30h). A cita para a categoría cadete será no Multiusos de Pontevedra (16:30 h categoría feminina e 18:30 h categoría masculina). Na categoría xuvenil feminina o adestramento está previsto facerse… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
03/06/2017 20:54

Seis do Nadal, cuarto no Campionato de España Cadete Masculino

O Seis do Nadal caeu hoxe na loita pola terceira posición do Campionato de España Cadete Masculino ante o Barcelona Lassa e rematou así nunha digna cuarta posición.. O conxunto vigués aguantou a ritmo durante a primeira metade, pero se desfondou na segunda, despois do tremendo esforzo realizado durante o Campionato, no que logrou meterse nas semifinais xunto a tres conxuntos cataláns.   Noraboa para toda a familia do Seis do Nadal!  

Voir
Federación Galega de Balonmán
02/06/2017 20:14

Seis do Nadal, na semifinal do Campionato de España Cadete Masculino

O Seis do Nadal deu a sorpresa e logrou clasificarse para a semifinal do Campionato de España Cadete Masculino, tras lograr o empate contra o Barcelona Lassa A. O conxunto vigués, trala victoria da segunda xornada, chegaba con opcións a este último partido e non as desaproveitou. E máis, despois de saber que o Barcelona B perdera o partido contra o Córdoba. Desta forma, un empate podería servir aos galegos, que non desaproveitaron a opción e finalmente lograron un empate (29-29). A semifinal será mañá contra o Granollers. Noraboa equipo!!!!

Voir
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.