Federación Galega de Balonmán
28/08/2017 17:18

XORNADAS DE OBSERVACIÓN FEMININAS E CLÍNIC FORMATIVO SUPERCOPA DE ESPAÑA 2017

O vindeiro venres comerzarán as xornadas de observación da RFEBM para as xogadoras de Galicia nadas nos anos 2002 e 2003. As xornadas estarán dirixidas por: Carlos Viver (Seleccionador nacional basoluto feminino) e Ángel Sandoval (director técnico da área feminina da RFEBM); ademáis estarán acompañados por Amadeo Sorli e Maru Sánchez. As xornadas de observación levaranse a cabo en Mondariz (o dia 1) e en Vigo (o día 2). As sesións de adestramento estarán abertas ao público, ao igual que o clínic que se levará a cabo o día 2… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
01/06/2017 16:20

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís da Coruña

As seleccións infantís (masculina e feminina) de A Coruña ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. Ambas teñen sesión preparatoria o día 4 de xuño: A infantil masculina a partir das 16:30 horas no Pavillón de Almeiras (Culleredo) e a feminina a continuación (18:00 horas) no mesmo recinto. Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
01/06/2017 16:10

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís masculina e feminina de Pontevedra

As seleccións infantís (masculina e feminina) de Pontevedra ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. A selección infantil feminina adestrará o día 4 de xuño (18:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a masculina traballará no Pavillón do Carballal (17:00 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
25/05/2017 09:24

O domingo 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais de Pontevedra alevín mixta e infantil masculina

En Pontevedra tamén continúa a preparación das seleccións provinciais. Esta fin de semana descansa a selección infantil feminina, pero haberá sesión de traballo para a alevín mixta e a infantil masculina. O conxunto infantil está citado o domingo 28 de maio, ás 17:30 horas, no Pavillón do Carballal, mentres que o alevín mixto ten que presentarse no Pavillón Municipal de Redondela (16:30 horas). Nos documentos adxuntos, tedes as convocatorias.

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
25/05/2017 09:07

Os días 27 e 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais da Coruña infantís e alevín

Continúa a preparación das seleccións provinciais infantís (masculina e feminina) e alevín (mixta). O sábado 27 de maio (17:15 horas) adestrará a selección infantil feminina no Pavillón de Almeiras, en Culleredo. O domingo 28 de maio (18:00 horas) será a selección infantil masculina a que traballe neste mesmo pavillón de Culleredo. Pola súa banda, a selección alevín mixta adestrará o domingo 28 (17:00 horas) no Pavillón Municipal de Abegondo. Nos documentos adxuntos tedes as distintas convocatorias.

Voir
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.