Federación Galega de Balonmán
10/06/2019 20:40

AS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA

Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… Voir plus

Voir
Federación Galega de Balonmán
27/05/2019 10:07

AD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia.  Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse… Voir plus

Voir
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:07

O domingo 2 de decembro, adestramento da preseleccion galega infantil feminina en Cangas

O Gatañal tamén acollerá a sesión de traballo da preselección galega infantil feminina, que se celebrará o día 2 de decembro, no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo dende as 18:30 h. as 20:00 horas. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Voir
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:36

A preselección galega infantil feminina adestra o 25 no Gatañal

A preselección galega infantil feminina tamén ten traballo esta fin de semana. O combinado está convocado o día 25 de novembro (a partir das 18:30 horas) no Pavillón O Gatañal (Cangas). Esta sesion está incluída no plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Voir
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 12:46

Cangas acolle este domingo a sesión de traballo da preselección infantil feminina

A preselección galega infantil feminina realizará o próximo 18 de novembro (16:30 horas) unha sesión de adestramento no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo. Esta xornada forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se desenvolverá a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Voir
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.