Federación Galega de Balonmán
06/06/2019 18:06

PONTEAREAS ACOLLE A PARTIR DE MAÑÁ A COPA FEDERACIÓN NA CATEGORÍA INFANTIL

O municipio de Ponteareas, no seu complexo deportivo Álvaro Pino, celebra esta fin de semana a fase final da Copa Federación Infantil Feminina e Masculina. Na sección masculina os conxuntos que loitarán por facerse coa competición son o BM Porriño, Grupo Salco Luceros, BM Cisne Mundo de Sepo e BM Culleredo. As semifinais, que se celebrarán o día 8 de xuño, son as seguintes: 1ª Semifinal, 10:00h BM Luceros – BM Cisne 2ª Semifinal, 11:30h BM Porriño – BM Culleredo Pola outra banda os equipos femininos que xogarán por acadar a… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
05/06/2019 17:34

APROBADO O CALENDARIO DE COMPETICIÓN DO MUNDIAL JÚNIOR DE VIGO E PONTEVEDRA

O calendario de competición do Mundial Júnior de Pontevedra e Vigo 2019 xa é oficial. A Federación Internacional de Balonmán (IHF) aceptou a proposta consensuada polas diferentes institucións, na que a cerimonia de inauguración do Mundial terá lugar en Pontevedra, onde tamén se disputarán as semifinais, mentres que a final se celebrará en Vigo. Este calendario pretende dar protagonismo a ambas sedes, de forma que se reparten os momentos máis destacados da competición. Así, o día 16 de xullo disputarase a cerimonia de inauguración… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 16:55

Os galegos Juan Lago e Carlos Álvarez, convocados cos Hispanos Promesas para o Europeo Open

Os galegos Juan Enrique Lago (BM Lalín) e Carlos Álvarez (Cisne) foron convocados polo seleccionador Francisco Martí para disputar cos Hispanos Promesas o Campionato de Europa Open, que se celebrará do 1 ao 5 de xullo en Suecia. Para preparar este Europeo, a selección española concentrarase do día 27 ao 29 de xuño en Guadalaxara. O día 30 viaxarán a Göteborg, para a disputa da fase de grupos, na que se enfrontarán a seleccións como Noruega, Xeorxia, Israel, Estonia e Illas Feroe. No documento adxunto tedes a convocatoria e plan de traballo. Noraboa… Voir plus

Voir
1 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 16:17

MAÑÁ COMEZA EN VIGO A FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL FEMININO, COA AD CARBALLAL COMO ANFITRIOA

O Pavillón das Travesas, en Vigo, acollerá do 5 ao 9 de xuño a fase final do Campionato de España na categoría infantil feminina. A cita reúne aos 8 mellores conxuntos da categoría, que loitarán polo título de campioas de España por clubs. Os tres primeiros días de competición disputarase a fase de grupos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo  accederán  ás semifinais. GRUPO I BM Huarte, Smurtfit Kappa Córdoba BM, Hand Vall “A” e Handbol Sant Joan Despí “A”. GRUPO II Faro de Vigo AD Carballal, HBC’74 Construcciones… Voir plus

Voir
1 J'aime

J'aime
Federación Galega de Balonmán
04/06/2019 11:39

Aitana Santomé, convocada para a disputa do Europeo Júnior en Hungría

Aitana Santomé (BM Porriño) forma parte da convocatoria definitiva da selección española júnior feminina para a disputa do Campionato de Europa en Györ (Hungría) do 11 ao 21 de xullo. No mes de marzo Aitana foi convocada por vez primeira por Imanol Álvarez no grupo de 16 e xa entón soñaba coa posibilidade de ir ao Europeo, E agora, co seu traballo, o soño  é unha realidade. A galega está na lista definitiva para o Europeo e a súa preparación previa. Así, o grupo está convocado o día 27 de xuño en Madrid. O combinado español… Voir plus

Voir
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.