Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 aux 09:48
Tête

Aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en balonmán

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en  balonmán, que se desenvolve no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

A Xunta publicou no DOG que o prazo para realizar estas probas de acceso permanecerá aberto do 10 de xuño ao 10 de xullo e a inscrición pode realizarse na secretaría do centro (Avenida Raíña Víctoria Uxía s/n).

Esta titulación está reglada e recoñecida pola Administración e as persoas que o realicen disporán dun ciclo medio. O ciclo medio consta de dous niveis que se cursan de forma intensiva nun único curso académico. Así, de outubro a decembro realizarase o primeiro nivel e de xaneiro a xuño, o segundo nivel. As clases son pola mañá. Haberá  un período de prácticas de xaneiro a marzo, que consisten en adestrar.

As clases, danse en cada curso, é dicir, de outubro a decembro para primeiro e de xaneiro a xuño para segundo. O que estudamos divídese en tres bloques, o común, con módulos (materias), como primeiros auxilios, didáctica..., que se poden validar se o alumno ten feito maxisterio, TSFAAF ou INEF.

O bloque complementario  ten só un módulo e, en función do curso, pode ser deporte para discapacitados ou informática.

E un terceiro bloque, o específico, que son as materias propias do balonmán: regulamento, desenvolvemento profesional, técnico-táctica individual, táctica colectiva, metodoloxía, seguridade no balonmán, dirección de equipos, preparación física específica e organización de actividades. Estes son módulos de primeiro e segundo, non se estudan todos o mesmo curso ou nivel. As clases son presenciais. O profesor do curso será Emilio Pintos Soto, licenciado en Educación Física, Aplicación Deportiva Específica en Balonmán, e toda unha vida adicada ao balonmán (xogador, adestrador e profesor).


No enlace tedes o DOG coa convocatoria da proba de acceso e a explicación de como e onde se realizará.


http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190607_deportivas.pdf


Ademais, no documento adxunto tedes toda a información sobre este ciclo.



 

 

Nom Taille Date
Voir PRESENTACIÓN CICLO BLM 2.pdf 1,47 MB 16/06/2019
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.