Federación Galega de Balonmán
31/05/2019 aux 11:21
Tête

O 2 DE XUÑO CELEBRARASE EN VIGO O DÍA DO BALONMÁN NA RÚA CON PRETO DE 2.000 ASISTENTES

O domingo 2 de xuño celebrarase en Vigo a  duodécima edición do Día do Balonmán na Rúa, que é a festa de clausura das Escolas Deportivas da Federación Galega de Balonmán e a Deputación provincial de Pontevedra da tempada 2018/19. Na edición deste ano hai 145 equipos inscritos, uns 20 árbitros, disputaranse  293 partidos e contaremos cuns 2.000 nenos e nenas das diferentes escolas deportivas e clubs da provincia.

Durante a xornada lúdico-deportiva, que comezará ás  10:30 horas, os rapaces (de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos) disputarán case 300 partidos   das categorías prebenxamín, benxamín, alevín (mixto) e infantil masculino e feminino nos 11 campos dispostos ao longo da rúa Areal. Ao finalizar a competición (18:30 horas, aproximadamente) celebrarase o acto de clausura no que se procederá á entrega dunha medalla conmemorativa a todas e todos os xogadores participantes no Balonmán na Rúa. Como todos os anos hai que destacar a colaboración das e dos árbitros galegos, que participan de forma desinteresada neste evento.

Ademais da actividade deportiva, este evento tamén ten unha vertente de ocio, polo que haberá inchábeis para as e os rapaces asistentes, así como unha actuación musical.

O Día de Balonmán na Rúa é o broche de ouro ás Escolas Deportivas da Deputación Provincial, que se celebran entre os meses de outubro e maio. Dende hai doce anos a Federación Galega de Balonmán conta co patrocinio da Deputación para a celebración destas escolas, que achegan o balonmán aos máis pequenos.

0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.