Federación Galega de Balonmán
30/05/2019 aux 18:32
Tête

O Campionato Galego de Clubs Alevín e Benxamín celebrarase o sábado 1 de xuño en Lalín

O sábado 1 de xuño celebrarase no Lalín Arena o Campionato Galego de Clubs Alevín e Benxamín, no que participarán un total de oito equipos e 120 deportistas, representando ás súas provincias. Na categoría benxamín, o Lalín Montefaro Electricidade xogará na casa e defenderá o título acadado o pasado ano, tamén en Lalín.

O sistema de competición será unha liguiña entre os catro participantes de cada  categorías, de forma, que cada un dos equipos disputará un total de tres partidos. O primeiro clasificado, tralos tres encontros, será o campión galego. 

O Campionato Galego Alevín, que se celebrará na pista 2, contará con BM Cisne, en representación de Pontevedra; BM 7 Culleredo (A Coruña), CP Lucense (Lugo) e Plaza Carballiño (Ourense).

Este é o calendario de competición:

10:30 - Bm. Cisne - CP Lucense
11:30 - Bm 7 Culleredo O Tarrío - Plaza Carballiño
12:30 - Plaza Carballiño - Bm. Cisne

16:00 - Bm 7 Culleredo O Tarrío - CP Lucense
17:15 - CP Lucense - Plaza Carballiño
18:30 - Bm Cisne - Bm 7 Culleredo O Tarrío

Na pista 2 disputarase o Campionato Galego Benxamín, coa participación do BM Culleredo O Burgo (A Coruña), BM Pabellón Vistahermosa (Ourense), CP Lucense (Lugo) e Lalín Montefaro Electricidade (Pontevedra)

Estes son os horarios dos partidos:

10:30 - Bm. Culleredo O Burgo - Bm Pabellón Vistahermosa
11:15  - Lalín Montefaro Electricidade - CP Lucense
12:00 - Bm. Pabellón Vistahermosa - Lalín Montefaro Electricidade
12:45 - Bm Culleredo O Burgo - CP Lucense

16:15 - CP Lucense - Bm. Pabellón Vistahermosa
17:15  - Lalín Montefaro Electricidade - Bm 7 Culleredo O Burgo

Moita sorte a tod@s!

0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.