Federación Galega de Balonmán
23/02/2019 aux 03:58 · 2ª AUTONÓMICA MASCULINA
Tête

DUELO POLO LIDERATO NA 2ª AUTONÓMICA MASCULINA

Esta tarde o actual líder da 2º Autonómica Masculina, o ED. Poio, recibe a domicilio ao Segundo clasificado o BM. Xallas. Un encontro que de primeiras espérase que estea cargado de viveza en base aos antecedentes da ida, onde os Xalleiros conseguiron a vitoria por unha marxe mínima de dous goles. Dúas prazas en xogo para acadar o ascenso directo á primeira autonómica onde ambos equipos se consolidan cunha vantaxe de 6 puntos de diferenza co terceiro clasificado.

O ED. Poio chega a cita correspondente á xornada número 17 con tan só un punto de diferencia fronte ao equipo rival. Ademais en palabras do seu adestrador David Parcero “El equipo afronta el partido con muchas bajas, una importante como es la de Luckas Viana y dudas con Lulo y Dani Balea”.  Respecto aos antecedentes deste encontro declara “Deportivamente hablando tenemos una buena trayectoria, el equipo ha estado muy bien y se presenta un partido que a priori será bonito y muy intenso”.

Por outra banda falamos con Víctor Garrido adestrador do BM Xallas que nos di “Va a ser un partido complicado, ambos equipos nos conocemos y espero poder contar con todo el mundo, ya que llevamos mes y medio con cuatro, cinco bajas de media y casi sin cambios”. Engade “Esperamos conseguir los dos puntos que al mismo tiempo que el liderato nos dan el ascenso directo”. Ademais o equipo visitante xa conta con dous autobuses e 98 afeccionados dispostos a deixarse a voz na localidade pontevedresa.

Sábado 23 de Febreiro ás 20:30h no Polideportivo Municipal de Poio.

6 J'aime · 0 Commentaires

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android
Entrer en contact avec l'organisateur
Envoyer message

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.