Federación Galega de Balonmán
26/07/2017 aux 10:40
Tête

Waterfuckers 2.0 feminino e PTV HandStrand masculino, campións galegos de balonmán praia

Waterfuckers 2.0 (feminino) e PTV HandStrand (masculino) proclamáronse onte en Nigrán campións galegos de balonmán praia, nunhas finais moi apertadas e disputadas. 

O Waterfuckers 2.0, que está a facer unha tempada redonda, eliminou nas semifinais a As Espartanas  (2-0) e tivo que enfrontarse na final a El Bunga. Foi un choque moi axustado, que se tivo que decidir nos shoot-outs. O primeiro set foi para o Waterfuckers por 20-19, mentres que o segundo caeu do lado de El Bunga (16-17). Nos penaltis, 4-3 a favor do Waterfuckers 2-0.

Na categoría masculina o PTV HandStrand acadou o terceiro campionato galego (2013, 2015 e 2017). Na semifinais superou aos Panchitos tamén nun axustado partido, e na final veuse as caras conra o BMP Sin Semilla. O HandStrand sumou o primeiro set de forma clara (20-10), pero caeu no segundo tamén con rotundidade (12-26). Novamente, o vencedor tivo que decidirse nos shoot-out e o título foi para o equipo pontevedrés (7-4).

Na categoría xuvenil, triunfo del BMP Pescados, tanto na categoría masculina coma feminina. O equipo masculino gañou na final ao CSG, mentres que o feminino superou ao AC Kaló Painkillers.

Os vencedores noutras categorías foron:

Cadete: Veba os da Jrada (masculino) e BMP Pescados.

Infantil: Luceros Galicia Express (masculino) e Luceros VR.

Alevín mixto: Luceros Chapecoense.

Nom Taille Date
Voir clasificación final 35,43 KB 26/07/2017
0 J'aime

J'aime
Suivez toutes les informations concernant la compétition sur votre iPhone ou Android

Votre navigateur n'a pas été en mesure de charger toutes les ressources de notre site internet, il est probable qu'elles aient été bloquées par un firewall, un proxy, une extention ou par la configuration de votre navigateur.

Vous appuyer sur Ctrl + F5 ou Ctrl + Shift + R pour forcer votre navigateur à les charger de nouveau. Si cela ne fonctionne pas, utilisez un navigateur différent, ou contactez votre fournisseur internet pour résoudre ce problème.