Federación Galega de Balonmán
20/04/2017 aux 00:00
MAÑÁ 21 DE ABRIL, CHARLA SOBRE O DEPORTE EN MARÍN
Mañá 21 de abril (20:30 horas) celebrarase en Marín (biblioteca) a primeira charla de "Falamos de Deporte" enfocada a pais de nenos que practican deportes, buscando fortalecer o traballo educativo.
A charla de mañá, organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Marín, será ofrecida por Iago López Roel (psicólogo nas seccións de Loita e Bádminton do CGTD) e Ana Fragueiro (diplomada en Educación Física, nutricionista e preparadora física do Poio Pescamar).
Día: 21 de abril
Hora: 20:30
Lugar Biblioteca do Concello de Marín