Federación Galega de Balonmán
18/06/2019 07:24

Aberto o prazo de inscrición nas eliminatorias de ascenso das categorías  cadete e infantil masculina e feminina e xuvenil masculina

Aberto o prazo de inscrición nas eliminatorias de ascenso das categorías cadete e infantil (masculina e feminina) e xuvenil masculina. O prazo de inscrición será do 18 de xuño ata o 1 de xullo. Estos play-off celebrarasen no mes de setembro, segundo o acordo da asemblea celebrada en Vigo o pasado 7 de xullo de 2018. Adxúntase:  - Escrito comunicando datas de inscrición e celebración. - ANEXO: Clubs con dereitos deportivos adquiridos para xogar en División de Honra na tempada 2019-20. - Solicitude inscrición eliminatoria de ascenso (Play Off).

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 18:31

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 09:48

Aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en balonmán

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ao ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en  balonmán, que se desenvolve no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. A Xunta publicou no DOG que o prazo para realizar estas probas de acceso permanecerá aberto do 10 de xuño ao 10 de xullo e a inscrición pode realizarse na secretaría do centro (Avenida Raíña Víctoria Uxía s/n). Esta titulación está reglada e recoñecida pola Administración e as persoas que o realicen disporán dun ciclo medio. O ciclo medio consta de dous niveis… Ver más

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 19:58

MAÑÁ DISPUTARANSE AS FINAIS DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

Xa se coñecen os finalistas do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os favoritos cumpriron neste primeiro torneo. Mañá na final feminina (13:15 horas) enfrontaranse AC Kalo Painkillers e Veba WaterFuckers, mentres que na masculina (14:00) xogarán Zas e PTV Handstrand. Na categoría feminina sénior, AC Kalo Painkillers superou na semifinal ao Merengue Cremosso, mentres… Ver más

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
15/06/2019 10:58

Álvaro Preciado, convocado para a fase de preparación do Mundial Xuvenil

Álvaro Preciado (Cisne Balonmán) forma parte de lista de 16 xogadores convocados por Alberto Suárez, preparador dos Hispanos Xuvenís, para iniciar a preparación do Mundial Xuvenil de Macedonia do Norte 2019, que se disputará do 6 ao 18 de agosto. Dita preparación realizarase en España e quedará distribuída en tres fases de aproximadamente 10 días de duración cada unha, nos que se inclúe a celebración de 4 partidos internacionais contra Eslovaquia e Hungría. O seleccionador nacional citou aos mozos o 28 de xuño en Málaga para partir… Ver más

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.