Federación Galega de Balonmán
28/08/2017 17:18

XORNADAS DE OBSERVACIÓN FEMININAS E CLÍNIC FORMATIVO SUPERCOPA DE ESPAÑA 2017

O vindeiro venres comerzarán as xornadas de observación da RFEBM para as xogadoras de Galicia nadas nos anos 2002 e 2003. As xornadas estarán dirixidas por: Carlos Viver (Seleccionador nacional basoluto feminino) e Ángel Sandoval (director técnico da área feminina da RFEBM); ademáis estarán acompañados por Amadeo Sorli e Maru Sánchez. As xornadas de observación levaranse a cabo en Mondariz (o dia 1) e en Vigo (o día 2). As sesións de adestramento estarán abertas ao público, ao igual que o clínic que se levará a cabo o día 2… Ver más

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
01/06/2017 16:20

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís da Coruña

As seleccións infantís (masculina e feminina) de A Coruña ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. Ambas teñen sesión preparatoria o día 4 de xuño: A infantil masculina a partir das 16:30 horas no Pavillón de Almeiras (Culleredo) e a feminina a continuación (18:00 horas) no mesmo recinto. Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
01/06/2017 16:10

O día 4 de xuño, adestramento das seleccións infantís masculina e feminina de Pontevedra

As seleccións infantís (masculina e feminina) de Pontevedra ultiman a súa preparación para o Campionato Galego de Seleccións Provinciais, que se celebrará o próximo día 11 de xuño en Lalín. A selección infantil feminina adestrará o día 4 de xuño (18:30 horas) no Pavillón Municipal de Redondela, mentres que a masculina traballará no Pavillón do Carballal (17:00 horas). Nos documentos adxuntos tedes as convocatorias.

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
25/05/2017 09:24

O domingo 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais de Pontevedra alevín mixta e infantil masculina

En Pontevedra tamén continúa a preparación das seleccións provinciais. Esta fin de semana descansa a selección infantil feminina, pero haberá sesión de traballo para a alevín mixta e a infantil masculina. O conxunto infantil está citado o domingo 28 de maio, ás 17:30 horas, no Pavillón do Carballal, mentres que o alevín mixto ten que presentarse no Pavillón Municipal de Redondela (16:30 horas). Nos documentos adxuntos, tedes as convocatorias.

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
25/05/2017 09:07

Os días 27 e 28 de maio, adestramento das seleccións provinciais da Coruña infantís e alevín

Continúa a preparación das seleccións provinciais infantís (masculina e feminina) e alevín (mixta). O sábado 27 de maio (17:15 horas) adestrará a selección infantil feminina no Pavillón de Almeiras, en Culleredo. O domingo 28 de maio (18:00 horas) será a selección infantil masculina a que traballe neste mesmo pavillón de Culleredo. Pola súa banda, a selección alevín mixta adestrará o domingo 28 (17:00 horas) no Pavillón Municipal de Abegondo. Nos documentos adxuntos tedes as distintas convocatorias.

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.