Federación Galega de Balonmán
06/03/2019 14:33 · DIVISIÓN HONRA CADETE FEMININO

ANALIZAMOS A DH CADETE FEMININA, A MÁIS IGUALADA EN TEMPOS

Este ano, a diferencia da tempada pasada, a División de Honra Cadete feminina desenvolveuse cun Play Off previo e a continuación cunha liga regular a dobre partido entre todos os equipos. A falta de tres xornadas, a Liga atopábase coa AD Carballal Campioa Galega e con catro conxuntos loitando pola segunda praza para acceder aos sectores nacionais. Analizamos en profundidade o encontro celebrado esta mañá entre o BM Cangas e o BM Porriño, un partido clave para seguir na loita pola segunda praza das locais e para afianzarse nela as visitantes. Falamos… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:27

O día 2 de decembro, adestramento da preselección galega cadete feminina en Poio

A preselección galega cadete feminina continúa coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. O adestramento será o domingo 2 de decembro, ás 18 horas, no Pavillón municipal de A Seca (Poio). No documento adxunto tedes a convocatoria.

Ver
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 13:09

A preselección cadete feminina adestra o domingo na Cañiza

O Pavillón Municipal da Cañiza acollerá o adestramento da preselección galega cadete feminina, que se celebrará o domingo 18 ás 17:00 horas. Esta sesión forma parte do plan de traballo preparatorio do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2019 en Valladolid. Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.