Federación Galega de Balonmán
23/03/2019 08:11 · DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINO, DIVISIÓN HONRA XUVENIL FEMININO - 2ª Fase

DH XUVENÍS: ÚLTIMA XORNADA DECISIVA

Fin de semana clave para os conxuntos galegos xuvenís que aspiran a conseguir unha praza para os sectores nacionais. Na competición feminina o BM. Lalín e o Asmubal Meaño volven a loita tras concederse esta semana unha terceira praza adicional. As dezanas enfróntanse como visitantes ao BM. Porriño, esta mañá ás 12:15h no Pavillón Municipal dos Deportes. Un encontro que en boca de Budi adestrador do Lalín será complicado. “Todas as veces que nos xogamos algo tan importante estaba o Porriño de por medio, e por unhas cousas e outras… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
21/11/2018 17:15

A Estrada acolle a sesión de traballo da preselección xuvenil masculina

A preselección xuvenil masculina tamén realizará esta fin de semana unha sesión de adestramento. A cita é o domingo 25 de novembro(de 17:30 horas ata as 19:30 horas) no Pavillón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro (A Estrada). Este adestramento é preparatorio para o Campionato de España de Valladolid (xaneiro de 2019).

Ver
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 13:21

O domingo 18, adestramento da preselección xuvenil masculina en Redondela

A preselección xuvenil masculina tamén realizará esta fin de semana unha sesión de adestramento. Será o domingo 18 de novembro, das 16:30 horas ás 18:30 horas no Pavillón municipal de Redondela (antiga “Bombonera”). Este adestramento é preparatorio do Campionato de España de Valladolid (xaneiro de 2019). Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Ver
Federación Galega de Balonmán
31/10/2018 12:54

O DÍA 4 DE NOVEMBRO, XORNADA TÉCNICA PARA AS SELECCIÓNS XUVENÍS MASCULINA E FEMININA NA CAÑIZA

A Cañiza será a sede da xornada técnica que desenvolverán as preseleccións galegas xuvenís masculina e feminina o día 4 de novembro, tamén dentro do proceso de preparación do Campionato de España. Ambos combinados realizarán dúas sesións de traballo, sendo a segunda do combinado xuvenil masculino, un partido amigable contra o BM Saeplast Cañiza (18:30 horas, no Pavillón da Cañiza). As e os deportistas que aínda non asinaron o documento de cesión de imaxe, deberán entrega asinada antes do inicio da sesión. Nos documentos adxuntos… Ver más

Ver
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.