Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 12:37

PABLO GONZÁLEZ, JOSE CHAO E DAVID ÁLVAREZ, COS HISPANOS XUVENÍS AREA

Os galegos Pablo González, Jose Manuel Chao e David Álvarez, pertencentes ao Club Balonmán Praia Veba, foron convocados polo seleccionador nacional Pedro Bago para continuar coa actividade de preparación do Campionato de Europa Xuvenil, que se disputará en Polonia do 27 ao 30 de Xuño. Os xogadores estarán concentrados do 14 ao 17 de xuño nas instalacións deportivas da Universidade de Alcalá de Henares donde traballarán en sesións de mañá e tarde.  Moita sorte rapaces! 

Ver
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 12:20

YAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS

Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
10/06/2019 20:40

AS INFANTÍS DO CARBALLAL, CUARTAS DE ESPAÑA

Rematou a tempada coa disputa da fase final do Campionato de España Infantil Feminino en Vigo, e a cuarta posición do Carballal, anfitrión e protagonista durante os cinco días de competición. A pesar de que ao final se escapou a medalla, impresionante o traballo das rapazas do club vigués. A pasada semana a cidade de Vigo foi testigo da celebración do último campionato de España da tempada. O pavillón das Travesas acollía aos 8 mellores clubs da categoría infantil feminina, que loitaban por convertese en campioas de España. As nenas… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
09/06/2019 10:19

Adriana Mallo, convocada para xogar con España o Europeo Xuvenil Feminino

Adriana Mallo (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada para a disputa coa selección española do Campionato de Europa Xuvenil Feminino, que se celebrará en Eslovia no mes de agosto A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Alfredo Rodríguez, tanto para a preparación como para a disputa do Europeo, que terá lugar en Celje do 1 ao 11 de agosto. As Guerreiras Xuvenís están encadradas no Grupo A xunto a Noruega, Suecia e Croacia.  Antes de participar na cita continental, a… Ver más

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
08/06/2019 18:04

Sinatura do convenio de colaboración entre a Federación Galega e a Federación de Porto

Hoxe sábado 8 de xuño asinouse en Silleda o convenio de colaboración entre a Federación Galega de Balonmán, a Federación de Porto e a organización do torneo Paredes Handball Cup’19, para estreitar lazos entre Galicia e Portugal. No convenio establécense varios puntos de actuación sobre todo en temas arbitrales, balonmán praia, formación e competicións. A sinatura do convenio foi realizada polo presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o presidente da Federación de Porto, Paulo Martíns e o responsable da organización… Ver más

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.