Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 14:31

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
05/08/2018 14:19

VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO

Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 12:58

As seleccións galegas xuvenís de balonmán praia, no primeiro Campionato de España

Galicia participará esta fin de semana no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Xuvenís de Balonmán Praia, que se celebrará en Getafe. A selección galega xuvenil masculina enfrontarase no Campionato de España ás seleccións de Madrid, Murcia e Cantabria. Sen ningunha dúbida, os madrileños parten como favoritos de grupo, non só por ser os locais, senón por ter varios xogadores no equipo nacional. No outro grupo atópanse os equipos de Cataluña, Castela a Mancha, Asturias e Aragón. Aquí, os cataláns parecen os … Ver más

Ver
Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 04:37

Esta fin de semana, Torneo Concello de Marín de balonmán praia

Esta fin de semana celebrarase na praia de Loira o Torneo Marín Arena 500, de balonmán praia, que pertence ao circuíto nacional e é puntuabel para o Campionato Galego 2018. Neste torneo participarán un total de 46 equipos das categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculino e feminino). Unha nova oportunidade para gozar con este grande espectáculo! Nos documentos adxuntos tedes os grupos e o calendario de toda a fin de semana.

Ver
0 Me gusta

Me gusta
Federación Galega de Balonmán
07/06/2018 14:02

Esta fin de semana comeza o Campionato Galego de Balonmán Praia co torneo Cidade de Vigo

Esta fin de semana (do 8 ao 10 de xuño) comeza a oitava edición do Campionato Galego de Balonmán Praia coa celebración do Torneo Cidade de Vigo na praia de Samil. Serán tres días de competición con preto de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia. Así neste primeiro torneo competirán as dous campións galegos sénior do pasado ano, o PTV HandStramd e o Veba Waterfuckers. Será a primeira proba do campionato… Ver más

Ver
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android
Contactar con el organizador
Enviar mensaje

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.