Federación Galega de Balonmán
25/05/2019 a las 19:56
O BUEU ATL. BM CAMPIÓN GALEGO DE VETERÁNS
O Lalín Arena acollía no día de hoxe o Campionato Galego de veteráns. Unha xornada cargada de balonmán que se compaxinaba coa celebración da fase final da 2ª autonómica infantil masculina.
O Conxunto do Bueu Atlético Balonmán facíase co título despois de vencer na gran final ao BM Cañiza.
A clasficación final foi a seguinte:
1. Bueu Atlético BM
2. BM Cañiza
3. BM Rasoeiro
4. BM Lalín
5. ADC Lugo
6. Ferrolterra
7. BM. Meaño
8. Amigos BM. Ourense
9. Pontevedra veteranos
Parabéns ao Bueu polo título e a tod@s polo gran día vivido, convivencia, deportividade e moito, moito balonmán.