Federación Galega de Balonmán
15/05/2019 a las 20:55
Cabecera

MAÑÁ COMEZAN OS SECTORES ESTATAIS CADETES, 3 DELES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A partir deste venres 17 de maio e durante toda a fin de semana os representantes galegos nos sectores estatais cadetes, loitarán por facerse un oco entre os oito mellores conxuntos de España. 

Na categoría feminina poderemos gozar dos sectores con presenza de equipos galegos en casa, na provincia de Pontevedra. o Grupo A organizado pola AD Carballal como campioa galega, enfrontarase ao Puerto del Carmen Lanzarote, BM Palencia e o Kukullaga Etxebarri no pavillón do Loureiro (Vigo). 

O subcampión galego, BM Cangas, que se clasifica por primeira vez para un sector na súa sección feminina, acollerá no Gatañal o Grupo B, onde as anfitrioas xogarán contra o BM Parla, Córdoba de balonmano e Balonmano Gijón. 

En categoría masculina o Sector A disputarase da man do Cisne Colegio Los Sauces no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e os locais terán como rivais ao ATL. Valladolid, Gijón Jovellanos e Unión BM Pacense. 

Pola contra a AD Carballal viaxará ata León e, a diferenza dos demáis conxuntos galegos, disputará un sector que conta con dous grupos. Os vigueses están encadrados no Grupo II co Barça B Lassa ao que terá que superar nun dobre encontro para acceder a final do domingo fronte ao campión do Grupo I. 


Moita sorte a tod@s!

0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.