Federación Galega de Balonmán
09/12/2018 a las 18:47
Cabecera

Galicia gana o torneo do Salnés nas categorías infantil feminina, cadete masculina e xuvenil masculina e feminina

Galicia logrou impoñerse en catro categorías (infantil feminina, cadete masculina, e xuvenil masculina e feminina) do Torneo Internacional Galicia - O Salnés, preparatorio para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará en Valladolid no mes de xaneiro de 2019.

Infantil feminino

Triunfo da selección galega, que venceu en dous partidos e perdeu un. No primeiro partido contra Asturias houbo moitos nervios e Galicia perdeu. Pero o segundo choque nada tivo que ver co anterior, destacando o partido pola intensidade defensiva e o traballo en equipo. Galicia dominou o partido de principio a fin. No terceiro e ultimo partido,  leváronllo o galegas pero non sen antes sufrir no marcador. Empezaron dominando as asturianass 4-8 no min 15 da primeira parte, momento en que Galicia pediu tempo morto se rearmou e foise ao descanso perdendo dun 8-9. A segunda parte Galicia segue coa súa traxectoria ascendente chegando a irse de 4 goles no marcador. 

Infantil masculino

O triunfo no torneo Galicia - O Salnés foi para o ABC Braga, mentres que segundo clasificado foi Asturias e terceiro, Galicia. A selección galega foi de máis a menos no torneo, empezando con dous bos partidos contra a selección asturiana, a pesar de senllas derrotas. Pero aos mozos fíxoselles moi costa arriba os últimos días con tres lesiones de xogadores importantes e non acabaron de conseguir unha boa intensidade nos últimos partidos. 

Cadete feminino

A selección galega quedou na segunda posición, por detrás de Asturias. Durante o torneo o equipo galego foi de menos a máis, perdendo o dous primeiros encontros por unha renda mínima de goles. En cambio, o último día, cunha mellora significativa en labores defensivos, o equipo impúxose ao conxunto asturiano e xa pensa no Campionato de España de 2019.

Cadete masculino

Nesta categoría, vitoria para a selección galega, nun torneo no que o equipo galego foi de menos a máis. Galicia proclamouse vencedor con cinco triunfos e só unha derrota (contra ABC Braga). O corpo técnico "destacou a xenerosidade, tanto en defensa como en ataque, de todos os xogadores".

Xuvenil feminino

As galaicas proclamáronse gañadoras do torneo, despois de vencer en tres partidos e perder un contra Asturias. Os responsables técnicos indicaron que "foi un test moi oportuno, dentro da planificación, para valorar o noso nivel, observar cousas a corrixir e tentar melloralas".

Xuvenil masculino

Os galegos lograron o triunfo nesta categoría, por diante de Asturias que foi segunda; Green Park de Holanda (3º) e Stipt Payroll de Holanda (4º). Galicia gañou os tres partidos disputados e con bastante folgura. "Bo test no que destacou a boa disposición dos xogadores e dos clubs, o que fixo que todo fose máis facil. Satisfeitos polo traballo realizado e camiñando na boa dirección", indicou o corpo técnico.


0 Me gusta

Me gusta
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.