Federación Galega de Balonmán
16/07/2018 07:37

RESULTADOS TORNEO DE A GUARDA DE BALONMAN PRAIA

Esta fin de semana celebrouse o Torneo de A Guarda de Balonmán Praia, pertencente ao Campionato Galego de Balonmán Praia 2018. Os gañadores nas finais sénior foron o Painkillers masculino (que gañou ao PTV HandStrand por 2-1) e o Veba Water feminino, que superou ao El Bunga por 2-1 na final. Nos documentos adxuntos tedes os resultados en todas as categorías, así coma o resultado provisional do Campionato Galego.

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
15/07/2018 12:05

As seleccións galegas infantís, terceiras no Torneo de Cangas de Narcea

Magnífico final para as seleccións galegas no Torneo Nacional Infantil de Cangas de Narcea (Asturias). Galicia loitaba polo bronce en ambas categorías (masculina e feminina) e os combinados galegos lograron o triunfo en ambos choques. Masculino Galicia, 26 – Canarias, 23 O choque comezou  igualado con erros por parte dos dous equipos ata o minuto 7. A partir de aí unha serie de erros encadeados por parte do combinado galego fixo que o conxunto canario collese unha renda de ata 4 goles (6-10) cunha subida rápida de balón. Antes do descanso,… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
12/07/2018 18:03

Galicia, cunha gran defensa, vence á Republica Dominicana en Bueu

Segundo partido e segunda vitoria para Galicia fronte á República Dominicana. O partido celebrouse hoxe na localidade de Bueu, cunha moi boa entrada. O partido foi dominado de principio a fin polo combinado galego, no que os porteiros estiveron a un espectacular nivel. No primeiro período a portería foi defendida por Adrián Boullosa e no segundo por Jorge Villamarín. No primeiro tempo a defensa  do equipo de Quique Domínguez (5-1), provocou moitos problemas ao equipo dominicano, comandado desde o banco polo gran Rolando Uríos. Esta defensa… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
12/07/2018 07:44

RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA TRALA CELEBRACIÓN DOS PRIMEIROS CATRO TORNEOS

O Campionato Galego de Balonmán Praia xa celebrou os seus primeiros torneos (Cidade de Vigo, Cidade de Redondela, Concello de Poio e Concello de Marín) e se coñecen os resultados provisionais do Campionato Galego, trala suma destes torneos. Aínda faltan dúas probas máis clasificatorias (A Guarda e Nigrán) e despois diso coñeceranse cales son os equipos que logran a clasificación para a gran final, que terá lugar en Bueu. No documento adxunto tedes a clasificación provisional do Galego, nas diferentes categorías, así coma os resultados… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Federación Galega de Balonmán
11/07/2018 17:32

As seleccións galegas absolutas venceron á República Dominicana en Lalín

Lalín acolleu hoxe o dobre enfrontamento entre as seleccións de Galicia e a República Dominicana masculina e feminina e con triunfo para os combinados galegos. O partido feminino foi o primeiro en celebrarse. Ambos equipos xa se coñecían porque a semana pasada xogaron dúas veces en Mos, con vitoria para as dominicanas. Pero a selección galega soubo nesta oportunidade como frear ás sudamericanas. Cunha moi forte defensa, a magnífica actuación das nosas porteiras e movendo moi rápido o balón en ataque, para intentar descolocar a súa defensa.… Ver más

Ver
0 Me gusta · 0 Comentarios

Me gusta Comentar
Sigue toda la información de la competición en tu móvil iPhone o Android
Contactar con el organizador
Enviar mensaje

Su navegador no ha sido capaz de cargar todos los recursos de nuestra web, es posible que hayan sido bloqueados por un firewall, un proxy, algún complemento o la configuración de su navegador.

Puede probar a pulsar Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R para forzar a su navegador a intentar descargarlos de nuevo, o si esto no funciona, a utilizar otro navegador o a contactar con su administrador de sistema o proveedor de Internet para solucionar este problema.